- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL
ActividadesExposicións e espazos expositivos
[01 Marzo 2020]
THE SHOW MOSCÓN. INFANTIL
Auditorio de Ourense
The sohow moscón - Galitoon
“The Show Moscón” é un circo ambulante de “ varietés”, presentado por un moscón gordo e repoludo. Un marabilloso circo, representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os diferentes números que hai no se interior. Nace como unha homenaxe ás diferentes escolas e técnicas de manipulación, aprendidas ao longo destes anos e utilizadas nos seus distintos traballos de teatro e televisión, así como, a través da inspiración de traballo doutras compañías de teatro e circo como: Hugo & Ines, GaiaTeatro, Cia El retrete de Dorian Grey, Jordi Bertran Company ou Mago LiozShem.
Dentro do noso armario, poderemos gozar de verdadeiras Divas da canción, absurdos números musicais, desesperantes Magos e Mentalistas, incribles bebés equilibristas, marabillosos números de Danza e un sen fin de humor....
Infantil (+4 anos)
Entradas en ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.