CONTACTO

  • #FestasOurense
  • Enofest
  • Premio poesía
  • Premio Risco de Creación Literaria
  • Auditorio
  • EdC
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [01 Xuño 2018]

    LETRAS E NOTAS- MAGÍN BLANCO

    Auditorio de Ourense

    Magín Blanco con María Faltri, presentan o seu espectáculo Letras e notas que vén cargado de música e de contos. O creador de A nena e o grilo ou outras composición que forman parte de edicións como María Fumaça ou Rosalía Pequeniña tráenos un contacontos musicado, onde o protagonista axudará os nenos e nenas a estimular a súa creatividade e curiosidade polas letras e palabras e en definitiva, pola lingua.

    Elenco

    Magín Blanco e María Faltri

    Música para bebés na Sala Apego

    Dúas funcións: ás 18.00 e ás 19.00

    Duración 45m

    Entradas: Anticipada: 3€  Billeteira: 4€ Gratuíto para bebés

    [01 Xuño 2018]

    SOMOS CRIMINAIS, CON CARLOS BLANCO E XOSÉ A. TORIÑÁN

    Auditorio de Ourense


    Temos unha cultura criminal propia? Delinquimos como galegos? Para responder a estas preguntas, Carlos Blanco e Touriñán analizan e dramatizan crimes autóctonos en todas as súas variables, desde o crime por arroutada ata o crime por acumulación de mala hostia, pasando polo crime familiar por causa das herdanzas, o asasinato por suxestión ou as orixes do narcotraficante galego.  A conclusión é clara: Somos Criminais.

    20.30h e 23h

    Entradas en ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

    (Entradas esgotadas)

    [08 Maio 2018 ] - [10 Xuño 2018]

    Auditorio de Ourense


    O Auditorio acolle durante o mes de maio no vestíbulo principal a exposición da XII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, resultado dun concurso que cada dous anos organiza o Eixo e que visita os principais puntos da eurorrexión. 

    Vestíbulo Superior do Auditorio Municipal.

    Horario: o de apertura do Auditorio.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica