- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL
ActividadesExposicións e espazos expositivos
[01 Outubro 2017]
EL APARTAMENTO (O APARTAMENTO) - CIRK ABOUT IT
Auditorio de Ourense
Cando o circo é o protagonista no salón de calquera fogar, todo pode escapar da normalidade e converterse en excepcional. Acrobacias, saltos, portes e equilibrios, con pinceladas de humor, amosan un traballo corporal moi visual que atrae a todos os públicos.
Unha prometedora compañía que evolucionou desde a peza curta “Tres ao cubo” Gañadora en 2014 do premio OFF Circada, e presentan agora este espectáculo.
Espectáculo familiar a partir de 5 anos
Sala Principal do Auditorio Municipal
Duración 50m
Entradas aquí ou na billeteira do Auditorio
Anticipada: 4€ Billeteira: 5€ - BONO Á CARTA
[06 Septembro 2017 ] - [01 Outubro 2017]
Auditorio de Ourense
Os paraísos perdidos
A sensibilidade e o sentir da Arte, aparece en cadaquén de xeito diferentes e amosando unhas naturezas de cores moi diferentes. Aurora, dende a súa delicadeza cromática achegase a una pintura naturista de tons suaves e medio formato, que entende as esceas dende unha mistura dun expresionismo pictórico e un naiff comprometido no que atopomamos un grande interese pola frescura e lirismo que xa se desarrollou en Francia a finales do século XIX, da man do artista Henri Rosseeau , é así como Aurora achega ao público a realidade máis subxectiva a través da natureza e as composicións pictóricas que son froito da súa imaxinación mais creativa.
Enlace ao catálogo.
O horario da exposición será o de apertura do Auditorio. Luns a venres de 8.30h a 14.30h. Tarde e fin de semana apertura según espectáculos.