CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [10 Marzo 2017]

    DOCTOR QUEEN- TOUR 2017- TERTULIA PRODUCCIÓN

    Auditorio de Ourense

    O espectáculo de homenaxe a Freddie Mercury máis recoñecido no mundo, volve cunha proposta incrible, única e innovadora... Sinfonías da raíña en castelán. Co formato tradicional e unha posta en escena de primeira categoría, un espectáculo nunca visto nin oído nun tributo. Vestimentas típicas, grandes cancións, reinventadas á actualidade, revivindo a Freddie Mercury despois de 25 anos de ausencia.

    A voz máis potente e recoñecida do tributo mundial. Os músicos máis destacados e carismáticos.

    Doctor Queen 2017!!!! O tributo máis espectacular do mundo, que leva máis de 17 anos xirando, con 800 espectáculos ao vivo ao longo de 22 países.

    + info: www.tributoaqueen.com

    Hora 22h    

    Lugar Sala Principal

    Público    Todos os públicos

    Prezo Anticipada- Patio: 20€, Anfiteatro: 18€

    Billeteira-  Patio: 25€, Anfiteatro: 22€

    Duración 120m

    Entradas www.ataquilla.com ,na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función ou na Sala de Exposicións Afundación (Praza Maior, 4)

    [10 Marzo 2017 ] - [09 Abril 2017]

    Auditorio de Ourense

    ENE A. NATUREZA ASIMÉTRICA - Patricia Fernández Paz



    Exposición que amosa arquitecturas descarnadas, apocalípticas, luces e sombras dunha realidade posmoderna, deshumanizada, chea de incerteza. O Pazo de Tor ofrece un marco incomparable, anacrónico, onde o tempo se detivo nun eterno  letargo que borrou os límites entre a vida e a memoria. As arquitecturas asimétricas desta mostra conseguen abrir aquí un novo portal visual no espazo – tempo da súa historia.

    Enlace ao catálogo.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica