- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL
ActividadesExposicións e espazos expositivos
[10 Marzo 2019]
SHREK, O MUSICAL
Auditorio de Ourense
Érase unha vez...…un ogro chamado Shrek
Shrek, o ogro máis carismático e famoso do cine de animación enfróntase xunto ao seu amigo Burro, ao desafío de rescatar a bela princesa Fiona da torre na que está encerrada hai anos e vixiada por unha temible e romántica dragona.
Lord Farquaad, rexedor de Duloc –aldea aburrida e perfecta onde ninguén é “distinto”- necesita casar cunha princesa para converterse en rei e encárgalle a Shrek a misión de rescatar e levarlle a princesa escollida a cambio de darlle para sempre a posesión da súa lameira para vivir en paz e só de por vida.
Tanto Shrek como todos os entrañables personaxes de contos de fadas son perseguidos e desterrados polo exército de Farquaad, que os chama despectivamente “frikis”, e os desprecia por seren diferentes. Pinocho laméntase xunto cos seus amigos pola mala sorte, ata que ao final, todos descobren que a verdadeira fortaleza está na diferenza e na aceptación da propia identidade.
Cando Shrek descobre esa fortaleza en sí mesmo, comeza a crer que a pesar de ser un ogro, pode lograr cumprir os seus soños, e tal vez –por que non- ser merecedor do amor de Fiona, unha princesa encantadora, soñadora e sorprendente. Un ogro e unha princesa? É tan disparatado pensar nunha historia de amor que rompa con todos os códigos de perfección dos clásicos contos de fadas?
SHREK O MUSICAL é a primeira adaptación OFICIAL da produtora DreamWorks que fai ao galego
Público familiar
Entradas a partir de 15€
Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.