- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
ActividadesExposicións e espazos expositivos
[10 Maio 2017] - [11 Maio 2017]
MEMORIAS DUN SER HUMANO DISPERSO (VERSIÓN6.0) – PRODUCCIÓNS DISPERSAS
Auditorio de Ourense
Espectáculo cómico-musical, un cabaré absurdo protagonizado por unha personaxe perdida,disfuncional e un pouco esquizofrénica, que devece por escapar dun mundo que non comprende e no que non é comprendido a un lugar moi afastado no que todo será diferente. Existirá tal paraíso?
Elenco
Diego Freire
TEATRO
Aforo reducido 100 persoas
Público + 18 anos
Prezo Anticipada: 3€ Billeteira: 4€
Duración 50m
Entradas www.ataquilla.com e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función
[29 Outubro 2015 ] - [31 Decembro 2018]
Claustro de San Francisco
Claustro de San Francisco. Martes a sábado de 11.30 h a 13.30 h e de 17 h a 20 h (entre maio e setembro incluidos, ás tardes abrirá de as 18 h a 21 h) Domingos de 11.30 a 13.30. (luns o espazo estará pechado).
[04 Maio 2017 ] - [12 Xuño 2017]
Auditorio de Ourense
O día e a noite, o sol, as estrelas e a lúa, forman parte da experiencia diaria de nenos e nenas. Merece a pena compartir con eles a marabilla do Universo. Aínda que a humanidade é quen de chegar á lúa ou preparar viaxes a Marte, esquecémonos do noso entorno espacial, perdendo a capacidade de observación e contemplación. Pasamos o día pendentes dos reloxos, móbiles, ordenadores e televisores.Que poidan sucederse o día e a noite é algo marabilloso, como o movemento aparente do sol e as estrelas, a sucesión das estacións ou a contemplación da lúa.
Do 4 de maio ata 12 de xuño.
Centros escolares: 9h a 14h
Público en xeral: martes e xoves de tarde
Contacontos sábados pola mañá
+info
[08 Maio 2017 ] - [16 Xuño 2017]
Auditorio de Ourense
A exposición conmemora as Letras Galegas ilustrando tres contos dolibro Vento ferido escrito por Casares.
Cada alumno escolleu un momento do relato e elaborou un gravado coa técnica da linografía, facendo a matriz e a edición no taller da aula de plástica.
O seguinte texto foi no que se inspirou o autor da imaxe que anuncia a exposición: Despois colleu un vimbio e pasoullo polas pernas e pola barriga sen lle dar. Botamos a sortes e tocoume a min. Quixen fuxir ou tirarme ao río, pero o Rata miroume así, como me mira el, e collín o vimbio. “Veña”. Díxenlle que non.
“Mira Rafael, que che tocou en sortes”. Díxenlle que non. “Mira, Rafael, que non me enchas”. “Mira Rafael...” Pola voz souben que me ía dicir o da miña nai..