- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
ActividadesExposicións e espazos expositivos
[25 Novembro 2016] - [22 Decembro 2016]
CICLO DE LÍRICA 2016 OURENSE
Centro Histórico
O Concello de Ourense pon en marcha o Ciclo de Lírica 2016, un pioneiro certame de ópera e zarzuela.
Os concertos desenvolveranse os días 25 de novembro, 9 e 16 de decembro (no Teatro Principal) e 22 de decembro, no Liceo. Todos eles terán un prezo de 5 euros e poderanse adquirir en ataquilla.com, na sede de Afundación na Praza Maior ou ben en taquilla o propio día do concerto.
[10 Decembro 2016]
XIII DÍA DO ORGULLO GAITEIRO
Auditorio de Ourense
Xornada reivindicativa e lúdica ao redor da música tradicional, abrangue actividades para todas as idades, comezando polos máis pequenos, ás 12 horas e prolóngase durante todo o día. Coloquio, concertos e a tradicional homenaxe ao traballo dunha persoa, grupo ou institución no ámbito da música tradicional.
[10 Decembro 2016]
“¡VEN A MI CUMPLE!” FESTIVAL CLAN
Auditorio de Ourense
Os Lunnis prepararon unha festa interminable coa que imos festexar unha década de fantasía e diversión inesquecible. E nesta festa estarán nada máis e nada menos que Pocoyó, Caillou, Abella Maya e Willy, Heidi, Lucho, Lupita e tamén Zak.
Pandora Producciones, en colaboración con Lemon Live Entertainment, produce un gran festival musical destinado aos máis pequenos da casa.
A xira desborda espectacularidade, diversión, coreografías, aventuras e sobre todo participación. Porque queremos que nesta festa de aniversario sexa tamén o público o que sopre as dez velas de Clan TV.
MUSICAL
17h, 19.30h (2 funcións)
Sala Principal
Todos os públicos
90m (inclúe descanso de 10m)
www.ataquilla.com, www.caveaproducciones.com e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función
[29 Outubro 2015 ] - [31 Decembro 2018]
Claustro de San Francisco
Claustro de San Francisco. Martes a sábado de 11.30 h a 13.30 h e de 17 h a 20 h (entre maio e setembro incluidos, ás tardes abrirá de as 18 h a 21 h) Domingos de 11.30 a 13.30. (luns o espazo estará pechado).
[23 Septembro 2016 ] - [15 Decembro 2016]
Museo municipal
Prego de Oliver: 100 anos
0 Estudo: Espazo de creación e materialización plastica, exposición
Nesta exposición móstrase a súa obra desde o punto de vista material. As múltiples técnicas artísticas desenvolvidas por Prego de Oliver son aquí protagonistas para desvelar para desvelar e por de manifesto o seu amplo modo de facer, a maneira na que o autor transformaba a idea en materia e a súa vez en forma e viceversa.
Horario: martes a sábados: 11 h a 13:30 h e de 18:30 h a 21:30 h. Domingos de 11 h a 13.30 h.
[29 Septembro 2016 ] - [26 Febreiro 2017]
Centro Cultural Ángel Valente
Prego de Oliver e a captación do Eterno. O óleo como materialización da súa plástica Esta exposición reúne a obra pictórica a representativa da súa extensa produción. Está presidida pola obra identitaria que mostra a técnica por el elexida como ferramenta primordial, o óleo, e a súa vez traslada ao expectador a unha traxectoria vital de innovación, creación, reflexión e diálogo constante a través do arte desde unha perspectiva propia.
Horario de apertura: de martes a sábado de 11 h a 13.30 h e de 18.30 h a 21.30 h e os domingos de 11 h a 13.30 h. Os luns o espazo estará pechado.
[21 Novembro 2016 ] - [13 Decembro 2016]
Centro Cultural Ángel Valente
Centro Cultural Ángel Valente - 20h
Ciclo de conferencias Prego de Oliver: días 22, 29 nov. e 13 de dec.
22 de nov., "A imaxe latente e o debuxo como o seu imago mundi" (Natalia Figueiras).
29 nov., "Prego e a atmósfera do baleiro, cara un expresionaismo metafísico" (Natalia Figueiras).
13 dec., " O canon da pintura galega, desde a Atenas de Galicia: Prego" (Xabier Limia de Gardón".