CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [11 Agosto 2016]

    UXÍA E NARF, CONCERTO

    Centro Histórico

    Dous grandes da música galega, Uxía e Narf, veñen de publicar seu primeiro disco conxunto: Baladas da Galiza imaxinaria. Trátase dun proxecto que nace do talento e da sensibilidade de dous dos artistas máis influentes da actual música galega e que máis pontes forxaron con creadores doutras partes do mundo, en especial cos países de lingua portuguesa. Despois de anos de viaxes e experiencias por varios continentes, Uxía e Narf funden neste traballo os seus repertorios nun disco conxunto que incorpora clásicos destes dous autores e tamén temas novos. Como espectáculo, Baladas é un concerto en formato intimista onde os artistas convidan ao público a coñecer as “cancións da lingua viaxeira”.

    23h
    Praza de San Martiño

    [29 Outubro 2015 ] - [31 Decembro 2018]

    Claustro de San Francisco


    Claustro de San Francisco. Martes a sábado de 11.30 h a 13.30 h e de 17 h a 20 h (entre maio e setembro incluidos, ás tardes abrirá de as 18 h a 21 h) Domingos de 11.30 a 13.30. (luns o espazo estará pechado).



     

    [29 Outubro 2015 ] - [01 Decembro 2016]

    Centro Expositivo Arturo Baltar


    Espazo expositivos Arturo Baltar. Horario: De 12 h ás 14 h. + información na sección espazos expositivos e culturais desta páxina web.

    [08 Xullo 2016 ] - [25 Septembro 2016]

    Museo municipal

    Coeur d´armazigh. Mostra da artista viguesa Nuria Guardiola mostra unha retrospectiva que compila os primeiros cadros, cando se mesturan experiencias persoais con conflitos emocionais, con creacións a partir de elementos industriais extraídos das fábricas de salgado do Morrazo, os faros do Atlántico, fotomontaxes autobiográficas e, finalmente, a descuberta de Marrocos, onde a autora imparte maxisterio desde 2011.


    Horario: martes a sábados: 11 h a 13:30 h e de 18:30 h a 21:30 h. Domingos de 11 h a 13.30 h.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica