• Maios 2017
  • Miteu
  • Premio poesía cidade de Ourense
  • Programación Infantil Auditorio Municipal
  • Apego
  • Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [12 Marzo 2017]

    MÓBIL- LA GÜASA CIRCO TEATRO

    Auditorio de Ourense

    Mestura de fraxilidade, desequilibrio e tensión, esta é a historia dun home sinxelo que vén amosar e compartir o seu último gran enxeño. Unha máquina complexa realizada nun 90% con materiais reciclados, chea de diferentes mecanismos que reaccionan en cadea e que xeran diferentes sons e ritmos que crean un ambiente de expectación entre o público, ademais de múltiples e diversas situacións en escena.

    Premio FETÉN á mellor dirección, Premio ACA ao mellor espectáculo individual. Premio ACA á mellor escenografía.

    Jose Luís Ruiz (el Belga), Rafael Díaz Ramírez

    Actividade NOVO CIRCO

    Hora 12h    

    Lugar Sala Principal

    Público + 5 anos

    Prezo Anticipada: 3€   Billeteira:4€,   BONO Á CARTA

    Duración 50m

    Entradas www.ataquilla.com ,na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función ou na Sala de Exposicións Afundación (Praza Maior, 4)

    [29 Outubro 2015 ] - [31 Xaneiro 2018]

    Claustro de San Francisco


    Claustro de San Francisco. Martes a sábado de 11.30 h a 13.30 h e de 17 h a 20 h (entre maio e setembro incluidos, ás tardes abrirá de as 18 h a 21 h) Domingos de 11.30 a 13.30. (luns o espazo estará pechado).



     

    [30 Decembro 2016 ] - [28 Febreiro 2018]

    Centro Expositivo Arturo Baltar


    Máis dun cento de figuras de barro cocido configuran o curioso Belén de Baltar. É quizais un dos máis fermosos de Galicia, tanto pola súa composición como a temática: unha fotografía do Ourense doutro tempo. 



    Máis información.


    [10 Marzo 2017 ] - [09 Abril 2017]

    Auditorio de Ourense

    ENE A. NATUREZA ASIMÉTRICA - Patricia Fernández Paz



    Exposición que amosa arquitecturas descarnadas, apocalípticas, luces e sombras dunha realidade posmoderna, deshumanizada, chea de incerteza. O Pazo de Tor ofrece un marco incomparable, anacrónico, onde o tempo se detivo nun eterno  letargo que borrou os límites entre a vida e a memoria. As arquitecturas asimétricas desta mostra conseguen abrir aquí un novo portal visual no espazo – tempo da súa historia.

    Enlace ao catálogo.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica