CONTACTO

  • OUFF
  • Expo La Caixa
  • Programa infantil
  • Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [12 Maio 2017]

    OS MORTOS DAQULE VERÁN. TALÍA TEATRO

    Auditorio de Ourense


    Talía teatro e o Centro Dramático Galego presentan unha aproximación escénica á novela Os mortos daquel verán, do autor homenaxeado nas Letras galegas 2017, Carlos Casares.A aparición do cadáver do boticario Ernesto Vilariño Dacal, morto supostamente en  accidente  ao  comezo  da  guerra  civil,  pon  en  marcha  unha  investigación

    xudicial na que unha rica galería de personaxes irá achegando o seu testemuño para intentar esclarecer o caso.

    Dirección: Artur Trillo

    Elenco:Toño  Casais,  María  Ordóñez,  Dani  Trillo,  Rubén  Prieto,  Diego  Rey, Marta Ríos, Artur Trillo e Xurxo Barcala

    TEATRO

    Entrada gratuíta ata completar aforo

    [29 Outubro 2015 ] - [31 Xaneiro 2018]

    Claustro de San Francisco


    Claustro de San Francisco. Martes a sábado de 11.30 h a 13.30 h e de 17 h a 20 h (entre maio e setembro incluidos, ás tardes abrirá de as 18 h a 21 h) Domingos de 11.30 a 13.30. (luns o espazo estará pechado).



     

    [30 Decembro 2016 ] - [28 Febreiro 2018]

    Centro Expositivo Arturo Baltar


    Máis dun cento de figuras de barro cocido configuran o curioso Belén de Baltar. É quizais un dos máis fermosos de Galicia, tanto pola súa composición como a temática: unha fotografía do Ourense doutro tempo. 



    Máis información.


    [04 Maio 2017 ] - [12 Xuño 2017]

    Auditorio de Ourense

    O día e a noite, o sol, as estrelas e a lúa, forman parte da experiencia diaria de nenos e nenas. Merece a pena compartir con eles a marabilla do Universo. Aínda que a humanidade é quen de chegar á lúa ou preparar viaxes a Marte, esquecémonos do noso entorno espacial, perdendo a capacidade de observación e contemplación. Pasamos o día pendentes dos reloxos, móbiles, ordenadores e televisores.Que poidan sucederse o día e a noite é algo marabilloso, como o movemento aparente do sol e as estrelas, a sucesión das estacións ou a contemplación da lúa.

    Do 4 de maio ata 12 de xuño.

    Centros escolares: 9h a 14h

    Público en xeral: martes e xoves de tarde

    Contacontos sábados pola mañá

     +info

    [08 Maio 2017 ] - [16 Xuño 2017]

    Auditorio de Ourense

    A exposición conmemora as Letras Galegas ilustrando tres contos dolibro Vento ferido escrito por Casares.

    Cada alumno escolleu un momento do relato e elaborou un gravado coa técnica da linografía, facendo a matriz e a edición no taller da aula de plástica.

    O  seguinte  texto  foi  no  que  se  inspirou  o  autor  da  imaxe  que  anuncia  a exposición: Despois colleu un vimbio e pasoullo polas pernas e pola barriga sen lle dar. Botamos a sortes e tocoume a min. Quixen fuxir ou tirarme ao río, pero o Rata miroume así, como me mira el, e collín o vimbio. “Veña”. Díxenlle que non.

    “Mira Rafael, que che tocou en sortes”. Díxenlle que non. “Mira, Rafael, que non me enchas”. “Mira Rafael...” Pola voz souben que me ía dicir o da miña nai..







    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica