- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL
ActividadesExposicións e espazos expositivos
[12 Maio 2017]
OS MORTOS DAQULE VERÁN. TALÍA TEATRO
Auditorio de Ourense
Talía teatro e o Centro Dramático Galego presentan unha aproximación escénica á novela Os mortos daquel verán, do autor homenaxeado nas Letras galegas 2017, Carlos Casares.A aparición do cadáver do boticario Ernesto Vilariño Dacal, morto supostamente en accidente ao comezo da guerra civil, pon en marcha unha investigación
xudicial na que unha rica galería de personaxes irá achegando o seu testemuño para intentar esclarecer o caso.
Dirección: Artur Trillo
Elenco:Toño Casais, María Ordóñez, Dani Trillo, Rubén Prieto, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo e Xurxo Barcala
TEATRO
Entrada gratuíta ata completar aforo
[04 Maio 2017 ] - [12 Xuño 2017]
Auditorio de Ourense
O día e a noite, o sol, as estrelas e a lúa, forman parte da experiencia diaria de nenos e nenas. Merece a pena compartir con eles a marabilla do Universo. Aínda que a humanidade é quen de chegar á lúa ou preparar viaxes a Marte, esquecémonos do noso entorno espacial, perdendo a capacidade de observación e contemplación. Pasamos o día pendentes dos reloxos, móbiles, ordenadores e televisores.Que poidan sucederse o día e a noite é algo marabilloso, como o movemento aparente do sol e as estrelas, a sucesión das estacións ou a contemplación da lúa.
Do 4 de maio ata 12 de xuño.
Centros escolares: 9h a 14h
Público en xeral: martes e xoves de tarde
Contacontos sábados pola mañá
+info
[08 Maio 2017 ] - [16 Xuño 2017]
Auditorio de Ourense
A exposición conmemora as Letras Galegas ilustrando tres contos dolibro Vento ferido escrito por Casares.
Cada alumno escolleu un momento do relato e elaborou un gravado coa técnica da linografía, facendo a matriz e a edición no taller da aula de plástica.
O seguinte texto foi no que se inspirou o autor da imaxe que anuncia a exposición: Despois colleu un vimbio e pasoullo polas pernas e pola barriga sen lle dar. Botamos a sortes e tocoume a min. Quixen fuxir ou tirarme ao río, pero o Rata miroume así, como me mira el, e collín o vimbio. “Veña”. Díxenlle que non.
“Mira Rafael, que che tocou en sortes”. Díxenlle que non. “Mira, Rafael, que non me enchas”. “Mira Rafael...” Pola voz souben que me ía dicir o da miña nai..