CONTACTO

  • Nadal 2017
  • Axenda
  • EdC
  • Programa infantil
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [05 Outubro 2017] - [15 Outubro 2017]

    10º FITO - FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE

    Auditorio de Ourense

    Co FITO, as Artes Escénicas en Ourense florecen en espazos públicos dinamizando a cidade e sendo fonte de riqueza social, cultural e artística. O Festival Internacional de Teatro de Ourense  xa é patrimonio da cidade e referente alén das nosas fronteiras.

    Na súa DÉCIMA EDICIÓN procuramos unha programación coherente e equilibrada entre Compañías galegas, outras do Estado, de Europa e Iberoamérica,axeitada aos intereses e expectativas do público que solicita calidade e que apoia o FITO desde a súa primeira edición.

    +info: www.fitoourense.com/

    [12 Outubro 2017]

    ELECTRA- COMPANHIA DO CHAPITÔ

    Auditorio de Ourense

    Na Atenas do rei Agamenón convócase unha guerra para liberar a bela Helena das garras do seu secuestrador (ou non, xa quen hai quen di que se foi con París encantada da vida). Ao non ter vento favorable para seus barcos, Agamenón sacrifica a súa filla Ifigenia por indicación dos profetas. Clitemnestra víngase xunto a Existo, o seu amante e curmán do rei, e asasina a Agamenón. Electra a filla preferida de Agamenón consuma a súa vinganza xunto á súa irmá Orestes...Traxedia grega, contada co estilo propio e inconfundible desta compañía: en clave de comedia churrusqueira.

    Elenco:Jorge Cruz, Nádia Santos, Tiago Viegas

    Dirección: José Carlos Garcia, Cláudia Novoa

    Vestiario: Glória Mendes

    Dirección técnica: David Gonçalo Florentino

    Dirección produción: Tânia Melo Rodrigues

    Distribución: César Arias- MARMORE  

    Sala Principal

    Público +12anos

    Duración 60m

    Entradas na www.ataquilla.com e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función

    Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica