- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
ActividadesExposicións e espazos expositivos
[13 Maio 2017]
CERCANÍAS Y CONFIDENCIAS - COTI
Auditorio de Ourense
Cercanías y confidencias é o proxecto máis íntimo do cantante e compositor Coti. Un concerto no que Coti debulla a súa esencia de autor, compositor e cantante creando unha atmosfera íntima na que público e artista establecen unha conversa musical única. O saber por que e onde naceu unha canción é a esencia deste espectáculo.
É a primeira vez que Coti se enfronta só a todos os temas que nos agasallou ao longo da sua carreira co seu piano e súa guitarra. Coas cancións máis coñecidas e as máis queridas por el. Tamén aquelas que compuxo para outros, ademais dalgunha que outra sorpresa.
Concerto
Sala Principal
Todos os públicos
Entradas en www.ataquilla.com,na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función ou na Sala de Exposicións Afundación (Praza Maior, 4)
[29 Outubro 2015 ] - [31 Decembro 2018]
Claustro de San Francisco
Claustro de San Francisco. Martes a sábado de 11.30 h a 13.30 h e de 17 h a 20 h (entre maio e setembro incluidos, ás tardes abrirá de as 18 h a 21 h) Domingos de 11.30 a 13.30. (luns o espazo estará pechado).
[04 Maio 2017 ] - [12 Xuño 2017]
Auditorio de Ourense
O día e a noite, o sol, as estrelas e a lúa, forman parte da experiencia diaria de nenos e nenas. Merece a pena compartir con eles a marabilla do Universo. Aínda que a humanidade é quen de chegar á lúa ou preparar viaxes a Marte, esquecémonos do noso entorno espacial, perdendo a capacidade de observación e contemplación. Pasamos o día pendentes dos reloxos, móbiles, ordenadores e televisores.Que poidan sucederse o día e a noite é algo marabilloso, como o movemento aparente do sol e as estrelas, a sucesión das estacións ou a contemplación da lúa.
Do 4 de maio ata 12 de xuño.
Centros escolares: 9h a 14h
Público en xeral: martes e xoves de tarde
Contacontos sábados pola mañá
+info
[08 Maio 2017 ] - [16 Xuño 2017]
Auditorio de Ourense
A exposición conmemora as Letras Galegas ilustrando tres contos dolibro Vento ferido escrito por Casares.
Cada alumno escolleu un momento do relato e elaborou un gravado coa técnica da linografía, facendo a matriz e a edición no taller da aula de plástica.
O seguinte texto foi no que se inspirou o autor da imaxe que anuncia a exposición: Despois colleu un vimbio e pasoullo polas pernas e pola barriga sen lle dar. Botamos a sortes e tocoume a min. Quixen fuxir ou tirarme ao río, pero o Rata miroume así, como me mira el, e collín o vimbio. “Veña”. Díxenlle que non.
“Mira Rafael, que che tocou en sortes”. Díxenlle que non. “Mira, Rafael, que non me enchas”. “Mira Rafael...” Pola voz souben que me ía dicir o da miña nai..