- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL
ActividadesExposicións e espazos expositivos
[13 Maio 2018]
PINTAMÚSICA, TEATRO PARA BEBÉS
Auditorio de Ourense
Unha viaxe polas estacións do ano onde, para cada época temos unha cor, unha canción e uns instrumentos. Tres músicos, actores e cantantes son os encargados de guiarnos nesta viaxe creativa a través das estacións do ano que nos levan a crear unha adaptación do cadro de Joan Miró “Muller e paxaros na noite”.
Unha viaxe sensorial, onde as cores e a música son os protagonistas dunha relaxante experiencia creativa, cunha atmosfera acolledora onde os tres pintamúsicos nos transportarán ao xogo e á diversión.
Escoitar, mirar, tocar e crear...
12h e 13h
Ata 4 anos (aforo reducido a 100 persoas)
Duración 35m
Entradas en ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio desde dúas horas antes da función.
[13 Maio 2018]
O FIADEIRO, DANZA
Auditorio de Ourense
Danza 3 é un espectáculo de baile e música tradicional.
Todos os públicos.
Entradas en ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio desde dúas horas antes da función.
[08 Maio 2018 ] - [10 Xuño 2018]
Auditorio de Ourense
O Auditorio acolle durante o mes de maio no vestíbulo principal a exposición da XII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, resultado dun concurso que cada dous anos organiza o Eixo e que visita os principais puntos da eurorrexión.
Vestíbulo Superior do Auditorio Municipal.
Horario: o de apertura do Auditorio.