CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [25 Novembro 2016] - [22 Decembro 2016]

    CICLO DE LÍRICA 2016 OURENSE

    Centro Histórico

    O Concello de Ourense pon en marcha o Ciclo de Lírica 2016, un pioneiro certame de ópera e zarzuela.

    Os concertos desenvolveranse os días 25 de novembro, 9 e 16 de decembro (no Teatro Principal) e 22 de decembro, no Liceo. Todos eles terán un prezo de 5 euros e poderanse adquirir en ataquilla.com, na sede de Afundación na Praza Maior ou ben en taquilla o propio día do concerto.

    [13 Decembro 2016] - [04 Xaneiro 2017]

    “EXPOSICIÓN: PEÓN NON ATRAVESES A TÚA VIDA”

    Auditorio de Ourense

    Exposición fotográfica en materia de seguridade viaria que invita a una reflexión sobre a mobilidade nun ámbito urbano, interurbano e do rural. Un retrato da nosa vida cotiá na que o tráfico nos permite fomentar actitudes de convivencia máis seguras, promover a denuncia, e sobre todo para sensibilizar os riscos no tráfico.
    Unha exposición itinerante de 15 fotografías escollidas da VI Edición do Concurso Fotográfico Nacional da Asociación Stop Accidentes cuxo nome leva por título Peón non atraveses a túa vida, no dito Concurso premiouse a creación artística, a concienciación, cun obxectivo final de concienciar e sensiblilizar a sociedade no seu conxunto, por ser dentro do campo da Seguridade Viaria un dos colectivos máis vulnerables.

    Organiza: STOP accidentes. Asociación Axuda e Orientación aos afectados por accidentes de tráfico.

    [29 Outubro 2015 ] - [31 Decembro 2018]

    Claustro de San Francisco


    Claustro de San Francisco. Martes a sábado de 11.30 h a 13.30 h e de 17 h a 20 h (entre maio e setembro incluidos, ás tardes abrirá de as 18 h a 21 h) Domingos de 11.30 a 13.30. (luns o espazo estará pechado).



     

    [23 Septembro 2016 ] - [15 Decembro 2016]

    Museo municipal

    Prego de Oliver: 100 anos

    0 Estudo: Espazo de creación e materialización plastica, exposición

    Nesta exposición móstrase a súa obra desde o punto de vista material. As múltiples técnicas artísticas desenvolvidas por Prego de Oliver son aquí protagonistas para desvelar para desvelar e por de manifesto o seu amplo modo de facer, a maneira na que o autor transformaba a idea en materia e a súa vez en forma e viceversa.

    Horario: martes a sábados: 11 h a 13:30 h e de 18:30 h a 21:30 h. Domingos de 11 h a 13.30 h.

    [29 Septembro 2016 ] - [26 Febreiro 2017]

    Centro Cultural Ángel Valente


    Prego de Oliver e a captación do Eterno. O óleo como materialización da súa plástica Esta exposición reúne a obra pictórica a representativa da súa extensa produción. Está presidida pola obra identitaria que mostra a técnica por el elexida como ferramenta primordial, o óleo, e a súa vez traslada ao expectador a unha traxectoria vital de innovación, creación, reflexión e diálogo constante a través do arte desde unha perspectiva propia.



    Horario de apertura: de martes a sábado de 11 h a 13.30 h e de 18.30 h a 21.30 h e os domingos de 11 h a 13.30 h. Os luns o espazo estará pechado.



     

    [21 Novembro 2016 ] - [13 Decembro 2016]

    Centro Cultural Ángel Valente

    Centro Cultural Ángel Valente - 20h

    Ciclo de conferencias Prego de Oliver: días 22, 29 nov. e 13 de dec.

    22 de nov., "A imaxe latente e o debuxo como o seu imago mundi" (Natalia Figueiras).

    29 nov., "Prego e a atmósfera do baleiro, cara un expresionaismo metafísico" (Natalia Figueiras).

    13 dec., " O canon da pintura galega, desde a Atenas de Galicia: Prego" (Xabier Limia de Gardón".

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica