CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [14 Febreiro 2019]

    A GALA - LICENCIADA SOTELO

    Auditorio de Ourense

    A Gala parte dunha idea de proceso, unha investigación en relación a figura e obra de Maruja Mallo como eixo do proceso creativo, sendo este ao mesmo tempo o artellador da peza.

    A Gala é unha peza que xira ao redor do traballo de creación de tres bailarinas; encargadas de coreografiar o fío condutor da Gala de entrega dos Premios Maruja Mallo (os máis relevantes galardóns da cultura do pais que as acolle).Na dramaturxia, Maruja Mallo ten por fin un lugar  próximo, o que lle corresponde, a primeira liña en canto  difusión da sua obra e o recoñecemento histórico que lle pertence.

    Ao mesmo tempo, e seguindo a figura da pintora, a peza fai unha critica ás nosas propias figuras reivindicativas. Unha crítica á actual sociedade durmida na que a acción se revela como última opción.

    Danza contemporánea

    Público adulto

    Duración 75m

    INTÉRPRETES: Cristina Vilariño, Rebeca Carrera, Nuria Sotelo

    Entradas 5€, anticipada aquí ou na billeteira desde dúas horas antes da función

    Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica