CONTACTO

  • Maios
  • PdoP
  • Prem poesía
  • MMOu
  • EdC
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [14 Marzo 2019]

    ENTRESOÑOS - FRAN SIEIRA COMPAÑÍA DE DANZA

    Auditorio de Ourense

    Ese Soño que me invade cada noite facéndome crer algo que non son, pero que podería chegar a ser… e á vez o medo e a incertidume que me dominan e fanme voltar a ese estado de consciencia que me dí que non é máis ca un Soño e que non deixará de ser nunca máis ca iso….

    Dentro do meu soño teño ledicia, total liberdade de expresión e movemento. Non importa con quen, para quen, de que xeito e donde. Só importa a música e o movemento que o meu corpo xenera ao sentila.

    EntreSoños é unha obra de baile e música tradicional galega de 70 min de duración, cun elenco artístico de 3 bailadores/cantadores: Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijoó, ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Anxo Pintos, todo isto dentro dun marco escénico deseñado por Vanesa Hernández (escenografía) e Luis Perdiguero ( iluminación), e vestiario deseñado por Alessio Meloni, e dende unha visión contemporánea a través dos ollos do director artístico David Vilariño (bailarín contemporáneo e coreógrafo). Público adulto

    Entradas 3€, anticipada aquí ou o propio día desde dúas horas antes da actuación

    Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica