- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL
ActividadesExposicións e espazos expositivos
[14 Abril 2019]
ARLEQUINA-OS MONICREQUES DO KUKAS
Auditorio de Ourense
Espectáculo de gran formato dirixido a todos os públicos que combina o traballo de actor e a pantomima coa animación de marionetas e a maxia coa música en directo nun espazo escénico polivalente e suxestivo no que todos os elementos forman parte da divertida, misteriosa e trepidante aventura que supón a viaxe dunha peculiar e curiosa marioneta chamada Arlequina na busca da súa identidade contando para iso coa axuda de Marchelinoun vello e estrafalario artista e titiriteiro.
Con este espectáculo queremos crear sinerxías de colaboración e creación con e entre diferentes artistas que nos últimos anos teñen traballado en diferentes espectáculos de Os Monicreques de Kukas e que ao mesmo tempo manteñen liñas de traballo propias como Zoar Ensemble, Teatro de marionetas Trécola, Títeres Alakrán, Jorge Casas Caneiro, Miguel Cabaleiro e Larraitz Urrozola para coa súa aportación propia e baixo a dirección escénica e artística de Isabel Rey e Marcelino de Santiago crear un espectáculo cunha posta en escena moi coidada tanto dende o punto de vista dos recursos plásticos como dos musicais, sonoros, luminosos, técnicos e escénicos co que celebrar e festexar o 40 aniversario da compañía
Sala principal
Público infantil a partir de 4 anos
Entradas 5€ en www.ataquilla.com, Sala de Exposicións Afundación e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.