• Tempo
  • Premio Risco
  • Estridencias
  • Festes Ou
  • Apego
  • Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [14 Maio 2017]

    UP2DOWN -TRASPEDIANTE /PISTACATRO PRODUCTORA DE SOÑOS

    Auditorio de Ourense

    Dúas bailarinas e dous cables de funambulismo dirixidas por un pallaso.Up2Down é un espectáculo de danza-circo contemporáneo no que o humor e a danza interactúan cunha disciplina circense nova en Galicia: o funambulismo; creando un universo singular.

    As bailarinas Marta Alonso & Paula Quintas interpretan dúas personaxes definidas polo seu status antagónico: o alto e o baixo:  A funambulista , etérea e ideal; A pallasa, terreal e mundana. Xunto a elas o espectador percorrerá unha viaxe emocional a través dos seus desexos e aspiracións ata que alcanzan un punto de encontro: o equilibrio.  

    Elenco

    Marta Alonso, Paula Quintas

    Director: Arturo Cobas

    Danza-Circo

    Sala Principal

    Todos os públicos

    Prezo Anticipada: 3€  Billeteira: 4€ - BONO Á CARTA

    Duración 55m

    Entradas en www.ataquilla.com,na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función ou na Sala de Exposicións Afundación (Praza Maior, 4)

    [29 Outubro 2015 ] - [31 Xaneiro 2018]

    Claustro de San Francisco


    Claustro de San Francisco. Martes a sábado de 11.30 h a 13.30 h e de 17 h a 20 h (entre maio e setembro incluidos, ás tardes abrirá de as 18 h a 21 h) Domingos de 11.30 a 13.30. (luns o espazo estará pechado).



     

    [30 Decembro 2016 ] - [28 Febreiro 2018]

    Centro Expositivo Arturo Baltar


    Máis dun cento de figuras de barro cocido configuran o curioso Belén de Baltar. É quizais un dos máis fermosos de Galicia, tanto pola súa composición como a temática: unha fotografía do Ourense doutro tempo. 



    Máis información.


    [04 Maio 2017 ] - [12 Xuño 2017]

    Auditorio de Ourense

    O día e a noite, o sol, as estrelas e a lúa, forman parte da experiencia diaria de nenos e nenas. Merece a pena compartir con eles a marabilla do Universo. Aínda que a humanidade é quen de chegar á lúa ou preparar viaxes a Marte, esquecémonos do noso entorno espacial, perdendo a capacidade de observación e contemplación. Pasamos o día pendentes dos reloxos, móbiles, ordenadores e televisores.Que poidan sucederse o día e a noite é algo marabilloso, como o movemento aparente do sol e as estrelas, a sucesión das estacións ou a contemplación da lúa.

    Do 4 de maio ata 12 de xuño.

    Centros escolares: 9h a 14h

    Público en xeral: martes e xoves de tarde

    Contacontos sábados pola mañá

     +info

    [08 Maio 2017 ] - [16 Xuño 2017]

    Auditorio de Ourense

    A exposición conmemora as Letras Galegas ilustrando tres contos dolibro Vento ferido escrito por Casares.

    Cada alumno escolleu un momento do relato e elaborou un gravado coa técnica da linografía, facendo a matriz e a edición no taller da aula de plástica.

    O  seguinte  texto  foi  no  que  se  inspirou  o  autor  da  imaxe  que  anuncia  a exposición: Despois colleu un vimbio e pasoullo polas pernas e pola barriga sen lle dar. Botamos a sortes e tocoume a min. Quixen fuxir ou tirarme ao río, pero o Rata miroume así, como me mira el, e collín o vimbio. “Veña”. Díxenlle que non.

    “Mira Rafael, que che tocou en sortes”. Díxenlle que non. “Mira, Rafael, que non me enchas”. “Mira Rafael...” Pola voz souben que me ía dicir o da miña nai..







    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica