CONTACTO

  • Nadal 2017
  • Axenda
  • EdC
  • Programa infantil
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [05 Outubro 2017] - [15 Outubro 2017]

    10º FITO - FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE

    Auditorio de Ourense

    Co FITO, as Artes Escénicas en Ourense florecen en espazos públicos dinamizando a cidade e sendo fonte de riqueza social, cultural e artística. O Festival Internacional de Teatro de Ourense  xa é patrimonio da cidade e referente alén das nosas fronteiras.

    Na súa DÉCIMA EDICIÓN procuramos unha programación coherente e equilibrada entre Compañías galegas, outras do Estado, de Europa e Iberoamérica,axeitada aos intereses e expectativas do público que solicita calidade e que apoia o FITO desde a súa primeira edición.

    +info: www.fitoourense.com/

    [15 Outubro 2017]

    O VALO- CULTURACTIVA

    Auditorio de Ourense

    A partir do marabilloso texto de Carlos Labraña, merecedor do IX Premio Manuel María Literatura Dramática Infantil, fala do encontro de dous mundos, dúas realidades, dúas consciencias encarnadas en dous personaxes ben distintos: O Soldadiño de Chumbo e Sahara, a rosa do deserto. Un encontro a ambos os dous lados dunha fronteira que non só separa a civilización do baleiro, senón que abre unha ferida no corazón da humanidade.

    Espectáculo infantil para maiores de 6 anos

    Sala principal do Auditorio Municipal

    Duración 55m

    Entradas aquí e na billeteira do Auditorio

    [15 Outubro 2017]

    1DESEO- (IN)CONSTANTES TEATRO

    Auditorio de Ourense

    O desexo é o motor que está presente en todas as nosas vidas. Un desexo ponte en marcha. Un desexo é o inicio do movemento, a acción do noso karma, un enderezo, un salto de vertixe cara a outro lugar. Pero o desexo tamén nos paraliza e aterra. Os desexos inalcanzables, os que dá medo que se fagan realidade, os forzosos de vida que nos afunden sen achegar nada, o desexo perdido, o desexo de consumir, comprar, posuír, a ambición como desexo, o de parar o tempo, os desexos ocultos, os desexos gritados.

    Elenco: María Mesas,David Picazo,Joaquín León,Laura Pugès         

    Dirección:Helena Martín              

    Axudante de dirección:Jorge Muñoz    

    Sala Principal

    +16 anos

    Duración 80m

    Entradas: 5€ anticipada e 6€ na billeteira

    Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica