CONTACTO

  • Expo La Caixa
  • Programa infantil
  • Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [15 Septembro 2017] - [17 Septembro 2017]

    O REI MORRE, SARABELA TEATRO

    Auditorio de Ourense

    O rei morre de Eugène Ionesco é, seguramente, unha das metáforas dramáticas máis profundas e implacables sobre a vida e a morte do ser humano que produciu o teatro universal. Unha obra e un personaxe cos que se bateron os mellores directores e actores do teatro mundial. Sarabela quere xerar divertimento, ritmo, humor, sorpresa e, ao tempo, elaborar un discurso crítico, confrontando a realidade coa súa ilusión.

    Elenco: Fernando Dacosta, Fina Calleja, Natividad Borrajo, Sabela Gago, Alfonso Míguez

    Dirección: Ana Vallés

    Atención aos horarios:

    ESTREA  ás 21.00h o día 15


    Día 16 e 17 ás 20.30h

    Duración 75m

    Sala Principal

    Público +14 anos

    Entradas 5€ anticipada e 6€ na billeteira desde dúas horas antes da función

    [17 Septembro 2017]

    PINGÜÍSOS- LUCECÚS TEATRO

    Auditorio de Ourense


    Tres pingüíns viaxan nunha balsa, camiño da terra desexada, ao corazón de Europa, na procura dunha felicidade da que tanto escoitaron falar na súa terra tropical.



    Para chegar ao seu obxectivo terán que pasar unha chea de aventuras por mar e terra baixo un sol ou un frío que abrasa ou conxela. A súa primeira parada será o cu de Europa, a porta de entrada, Galicia. Sobes na nosa balsa? Remade compañeiras e compañeiros xa que a terra desexada non está lonxe.

    Teatro infantil a partir de 5 anos

    Sala Azul do Auditorio Municipal

    Entradas aquí e na billeteira do Auditorio  Municipal


     


    [29 Outubro 2015 ] - [31 Xaneiro 2018]

    Claustro de San Francisco


    Claustro de San Francisco. Martes a sábado de 11.30 h a 13.30 h e de 17 h a 20 h (entre maio e setembro incluidos, ás tardes abrirá de as 18 h a 21 h) Domingos de 11.30 a 13.30. (luns o espazo estará pechado).



     

    [30 Decembro 2016 ] - [28 Febreiro 2018]

    Centro Expositivo Arturo Baltar


    Máis dun cento de figuras de barro cocido configuran o curioso Belén de Baltar. É quizais un dos máis fermosos de Galicia, tanto pola súa composición como a temática: unha fotografía do Ourense doutro tempo. 



    Máis información.


    [06 Septembro 2017 ] - [01 Outubro 2017]

    Auditorio de Ourense

    Os paraísos perdidos

    A sensibilidade e o sentir da Arte, aparece en cadaquén de xeito diferentes e amosando unhas naturezas de cores moi diferentes. Aurora, dende a súa delicadeza cromática achegase a una pintura naturista de tons suaves e medio formato, que entende as esceas dende unha mistura dun expresionismo pictórico e un naiff comprometido no que atopomamos un grande interese pola frescura e lirismo que xa se desarrollou en Francia a finales do século XIX, da man do artista Henri Rosseeau , é así como Aurora achega ao público a realidade máis subxectiva a través da natureza e as composicións pictóricas que son froito da súa imaxinación mais creativa.



    Enlace ao catálogo.
     




    O horario da exposición será o de apertura do Auditorio. Luns a venres de 8.30h a 14.30h. Tarde e fin de semana apertura según espectáculos.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica