CONTACTO

  • Pórtico
  • Auditorio
  • Youtubeiras
  • EdC
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [18 Febreiro 2018]

    O SAL DO MAR E OUTROS CONTOS MARIÑEIROS- TEATRO DEL ANDAMIO

    Auditorio de Ourense

    A Iago gústalle o mar e gústalle a aventura. Milleiros de veces xogaba co seu avó a ser mariñeiro: dar unha volta ao temón, tocar a campá, subir na ponte de mando do capitán e dar ordes. O avó sempre lle dicía: Oe, Iago, lembra, os mares non nos separan, únennos, somos moi diferentes e parecidos á vez!!!! E agora o soño pódese facer realidade, Iago vai facer a súa primeira viaxe!!! Pero antes... deberá coñecer a Marina, que lle brindará esta grande oportunidade. O seu barco aínda está atracado no peirao, pero el xa soña con saír a navegar, cruzar os mares, descubrir lugares descoñecidos, coñecer  xente nova e por fin... poder abrir o baúl cheo de tesouros  que lle deixou o seu avó.

    Sala Azul

    Público + 3 anos

    Entradas:Anticipada: 3€  Billeteira: 4€

    [18 Febreiro 2018]

    MECANO. HIJA DE LA LUNA CON ROBIN TORRES

    Auditorio de Ourense

    Robin Torres leva desde os catorce anos cantando e nunca perdeu a ilusión pola música, arte á  que foi sumando os seus coñecementos de danza e de interpretación para convertela nunha “todoterreo” das artes escénicas sempre disposta a dalo todo por esta gran paixón. Tras o seu paso por “La Voz”, Robin Torres afronta “Hija de la Luna”.

    Vén revivir unha época inesquecible, o mellor tributo á banda máis importante do pop español! Un espectáculo que trasladará por unha noite, a un dos concertos multitudinarios, nos que miles de almas, cantaban as súas cancións. Me cuesta tanto olvidarte, Maquillaje, Cruz de navajas, La fuerza del destino, Barco a Venus, Mujer contra mujer… Un momento único para te volver xuntar con aqueles que compartiron esta máxica época.

    Sala principal

    Duración 105m

    Todos os públicos

    Entradas: a partir de 17€, na www.ataquilla.com, Sala de Exposicións Afundación e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función

    Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica