- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL
ActividadesExposicións e espazos expositivos
[18 Novembro 2018]
“EU TEÑO DEREITO A XOGAR - CIRCUÍTO 2018” CANTAJUEGO EN CONCERTO
Auditorio de Ourense
É a nova proposta deste exitoso grupo, que leva máis de 10 anos virando ininterrompidamente por España, convocando a toda a familia, para cantar, bailar e participar ao ritmo das súas pegadizas cancións.
Nesta oportunidade,os “CantaJuegos” despregan toda a súa enerxía a través das cancións máis populares do seu extenso repertorio,incluíndo os hits de Viva o meu Planeta, o seu último traballo nomeado aos Grammys latinos e CantajuegoInEnglish que foi número 1 en vendas. Ademais, contarán cos infaltables Coco, Pepe e Buby, aos que se suman moitos outros personaxes que lle dan cor e alegría a un espectáculo vibrante e cheo de ritmo e cor.
Sala Principal
Público familiar
Dúas funcións: ás 12.30 e ás 17.00h
Entradas: a partir de 15 € na www.ataquilla.com, Sala de Exposicións Afundación e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.