- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL
ActividadesExposicións e espazos expositivos
[19 Maio 2017]
ESCUCHANDO ELEFANTES. PRESENTACIÓN NOVO ÁLBUM
Auditorio de Ourense
Escoitando Elefantes son Silvia e Carlos, dúas voces que chegaron a soar como unha. A dinámica e forza que transmiten ao público coas súas cancións débese á súa paixón por tocar na rúa, na que se formaron como músicos. Percorreron Europa compartindo experiencias con músicos como os oscarizados Glen Hansard e Markéta Irglová, Paddy Casey, Damien Rice, Bono (U2), Lisa Hannigan, Hozier, Kodaline e Sinéad O'Connor, entre outros.
En 2012 publican o seu primeiro álbum de estudio editado 'Show & Tell'.
En 2014, logo de gravar en España, Irlanda, USA e UK, presentan o seu segundo traballo "Happy Lonely People".
MÚSICA
Sala Principal
Todos os públicos
Prezo 10€ anticipada- 13€ billeteira
Duración 90m
Entradas en www.ataquilla.com,na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función ou na Sala de Exposicións Afundación (Praza Maior,4)
[04 Maio 2017 ] - [12 Xuño 2017]
Auditorio de Ourense
O día e a noite, o sol, as estrelas e a lúa, forman parte da experiencia diaria de nenos e nenas. Merece a pena compartir con eles a marabilla do Universo. Aínda que a humanidade é quen de chegar á lúa ou preparar viaxes a Marte, esquecémonos do noso entorno espacial, perdendo a capacidade de observación e contemplación. Pasamos o día pendentes dos reloxos, móbiles, ordenadores e televisores.Que poidan sucederse o día e a noite é algo marabilloso, como o movemento aparente do sol e as estrelas, a sucesión das estacións ou a contemplación da lúa.
Do 4 de maio ata 12 de xuño.
Centros escolares: 9h a 14h
Público en xeral: martes e xoves de tarde
Contacontos sábados pola mañá
+info
[08 Maio 2017 ] - [16 Xuño 2017]
Auditorio de Ourense
A exposición conmemora as Letras Galegas ilustrando tres contos dolibro Vento ferido escrito por Casares.
Cada alumno escolleu un momento do relato e elaborou un gravado coa técnica da linografía, facendo a matriz e a edición no taller da aula de plástica.
O seguinte texto foi no que se inspirou o autor da imaxe que anuncia a exposición: Despois colleu un vimbio e pasoullo polas pernas e pola barriga sen lle dar. Botamos a sortes e tocoume a min. Quixen fuxir ou tirarme ao río, pero o Rata miroume así, como me mira el, e collín o vimbio. “Veña”. Díxenlle que non.
“Mira Rafael, que che tocou en sortes”. Díxenlle que non. “Mira, Rafael, que non me enchas”. “Mira Rafael...” Pola voz souben que me ía dicir o da miña nai..