- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL
ActividadesExposicións e espazos expositivos
[02 Xaneiro 2020]
SEN PALABRAS(LEVOUNAS O AIRE) LA SAL TEATRO
Auditorio de Ourense
Están aí, durmindo tranquilas, como se nada puidese alteralas.
Pero chega o aire sen avisar, sen preguntar, sen parar, tocando o que atopa ao seu paso. Entón unha delas deixa que empurre o seu corpo e mova as súas mans. E baila por primeira vez.
A outra non deixa que entre nos seus pulmóns e escoita os sons que saen da súa boca. E canta por primeira vez.
Aos poucos descubren o aire: o que nos envolve, nos empurra, agarima e ocupa o baleiro que deixamos. O aire que alborota o pelo, seca a roupa ...
Contan sen necesidade de falar.Quedaron sen palabras...ou quizás as levou o aire.
Premio Fetén 2016
Estará na Sala Apego, de mañá ás 12.00 e de tarde ás 18.00 horas.
A entrada é gratuíta ata completar a capacidade. Podedes recoller o voso convite na recepción do Auditorio municipal en horario de oficina.
+información
[02 Xaneiro 2020] - [04 Xaneiro 2020]
PLAYSCAPE DELUXE, BÉLXICA
Auditorio de Ourense
Instalación de xogos para crianzas.
Paisaxes de xogo é unha instalación de Arte croché creada pola artista belga Cathhy Bertel para crianzas. Cathy crea esculturas feitas con materiais artísticos non tradicionais, neumáticos, tecidos elásticos e ganchillo. A súa obra diríxese á totalidade do corpo e fai participar dunha maneira activa e autónoma.
Ás 11.30 e ás 17.30 horas
Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.