CONTACTO

  • Enofest
  • Premio poesía
  • festas
  • Premio Risco de Creación Literaria
  • Auditorio
  • EdC
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [02 Marzo 2018]

    CONTOS DO CHUPETE. MIGALLAS TEATRO

    Auditorio de Ourense

    Bea e Paulo teñen un problema. O seu lobo leva chupete… Cada vez que llo intentan quitar, chora. Pero chora moito… a quen se lle conte, un lobo con chupete! Está desconsolado. Contos, cantos e cancións serán a solución.

    Os contos do chupete é unha sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Os cativos poderán chuchar contos, cancións e arrolos ata encher a barriguiña nesta proposta para bebés na que gozar en familia.

    Sala Apego - Capacidade reducida

    CONTOS PARA BEBÉS ata 3 anos

    Dúas funcións: ás 18h e ás 19h

    Duración : 30 m

    Entradas: Anticipada: 3€  Billeteira: 4€ Gratuíto para bebés

    Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica