CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [30 Marzo 2017] - [02 Abril 2017]

    THE HOLE SHOW S.L.

    Auditorio de Ourense

    Espectáculo  fresco e descarado; mestura de cabaret, teatro burlesco, circo, música e humor, nun ton divertido, canalla, provocador e moi sensual. Unha experiencia inigualable, unha gran festa que está poñendo patas para arriba as noites de cada cidade pola que pasa, subindo a temperatura e o ánimo aos seus espectadores. En THE HOLE seguen dándose cita as mellores e máis sorprendentes actuacións de artistas nacionais e internacionais. Música, suxestivos stripteases, números circenses do mellor nivel realizados por artistas invitados cunha grande traxectoria, e ata unha gran historia de amor.

    Entradas www.ataquilla.com ,na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función ou na Sala de Exposicións Afundación (Praza Maior, 4)

     xoves día 30- 20,30h

     venres día 31 e sábado día 1- 19.30h e 22.30h    

     domingo día 2- 18h


    Lugar Sala Principal

    Público    + 16 anos

    Prezo Patio butacas: 33€ Anfiteatro: 29€ As dúas primeiras sesións 25% desconto

    Duración 135m (descanso 15 min incluído)

    [02 Abril 2017]

    COMENOITES- OS NAUFRAGOS

    Auditorio de Ourense

    O Comenoites é un conto infantil, escrito e ilustrado por Ana Juan (Premio Nacional de Ilustración). Unha bonita historia coa que as nenas e nenos descubrirán o segredo de por que existen o día e a noite. O Comenoites é un trasno regordiño encantado de comer a noite para que o sol poida saír outra vez e traerlles luz, calor e color a todos. Un día, a lúa coméntalle que está demasiado gordo e o Comenoites deixa de comer. Cal é o problema? Pois que se o Comenoites non come a noite, o frío e a escuridade reinarán para sempre na terra e o sol non volverá a saír nunca. Volverá o Comenoites a comer algún día e entón volverá o sol?

    Elenco

    Gustavo del Río

    TEATRO

    Hora 12h    

    Lugar Sala Azul

    Público +2 anos

    Prezo Anticipada: 3€   Billeteira:4€,   BONO Á CARTA

    Duración 35m         

    Entradas www.ataquilla.com ,na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función ou na Sala de Exposicións Afundación (Praza Maior, 4)

    [02 Abril 2017]

    A GALIÑA AZUL - UBU TEATRO

    Auditorio de Ourense

    A galiña azul é o punto de partida desta adaptación teatral. Os cinco relatos que se van entrelazando na proposta teatral teñen a vontade de transmitir as mensaxes que están no conto: a defensa da lingua,a importancia das diferenzas ou a liberdade de expresión. Para iso empréganse diferentes técnicas,como a narración oral, a manipulación de monicreques ou o clown. Todo pensado para que o público entre na “fantasía do real” e desde alí sinta todos os valores que hai detrás da proposta de Carlos Casares.

    Elenco: Ana Carreira e Manu Polo

    Actividade TEATRO

    Hora 17h    

    Lugar Sala Azul

    Público Todos os públicos

    Gratuíto ata completar aforo

    Duración 45m

    Organiza: FalaRedes, proposta de dinamización lingüística da Xunta de Galicia

    Produce: Editorial Galaxia

    [29 Outubro 2015 ] - [31 Decembro 2018]

    Claustro de San Francisco


    Claustro de San Francisco. Martes a sábado de 11.30 h a 13.30 h e de 17 h a 20 h (entre maio e setembro incluidos, ás tardes abrirá de as 18 h a 21 h) Domingos de 11.30 a 13.30. (luns o espazo estará pechado).



     

    [10 Marzo 2017 ] - [09 Abril 2017]

    Auditorio de Ourense

    ENE A. NATUREZA ASIMÉTRICA - Patricia Fernández Paz



    Exposición que amosa arquitecturas descarnadas, apocalípticas, luces e sombras dunha realidade posmoderna, deshumanizada, chea de incerteza. O Pazo de Tor ofrece un marco incomparable, anacrónico, onde o tempo se detivo nun eterno  letargo que borrou os límites entre a vida e a memoria. As arquitecturas asimétricas desta mostra conseguen abrir aquí un novo portal visual no espazo – tempo da súa historia.

    Enlace ao catálogo.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica