Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

Volver

ActividadesExposicións e espazos expositivos

[02 Xuño 2017]

ZAPATOS, TEATRO PARA BEBÉS

Auditorio de Ourense

Que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa? Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de todos os tamaños e cores. Unha rapaza é a encargada de coidalos e darlles a benvida ao lugar onde vivirán para sempre. 



Auditorio Municipal

18h e 19h

30 minutos

Ata 4 anos 



Gratuíto para bebés. Anticipada 3€/ billeteira 4€

Entradas (www.ataquilla.com) , Sala Exposicións Afundación Ourense e na billeteira do Auditorio desde 2 horas antes da función.

[04 Maio 2017 ] - [12 Xuño 2017]

Auditorio de Ourense

O día e a noite, o sol, as estrelas e a lúa, forman parte da experiencia diaria de nenos e nenas. Merece a pena compartir con eles a marabilla do Universo. Aínda que a humanidade é quen de chegar á lúa ou preparar viaxes a Marte, esquecémonos do noso entorno espacial, perdendo a capacidade de observación e contemplación. Pasamos o día pendentes dos reloxos, móbiles, ordenadores e televisores.Que poidan sucederse o día e a noite é algo marabilloso, como o movemento aparente do sol e as estrelas, a sucesión das estacións ou a contemplación da lúa.

Do 4 de maio ata 12 de xuño.

Centros escolares: 9h a 14h

Público en xeral: martes e xoves de tarde

Contacontos sábados pola mañá

 +info

[08 Maio 2017 ] - [16 Xuño 2017]

Auditorio de Ourense

A exposición conmemora as Letras Galegas ilustrando tres contos dolibro Vento ferido escrito por Casares.

Cada alumno escolleu un momento do relato e elaborou un gravado coa técnica da linografía, facendo a matriz e a edición no taller da aula de plástica.

O  seguinte  texto  foi  no  que  se  inspirou  o  autor  da  imaxe  que  anuncia  a exposición: Despois colleu un vimbio e pasoullo polas pernas e pola barriga sen lle dar. Botamos a sortes e tocoume a min. Quixen fuxir ou tirarme ao río, pero o Rata miroume así, como me mira el, e collín o vimbio. “Veña”. Díxenlle que non.

“Mira Rafael, que che tocou en sortes”. Díxenlle que non. “Mira, Rafael, que non me enchas”. “Mira Rafael...” Pola voz souben que me ía dicir o da miña nai..







Concellería de Cultura
Concello de Ourense
2017

 

Rúa da Canle, 1
       32005 Ourense

 

   988 391 290

Contacto

 

Accesibilidade

 

Permisos

Cultura nas redes:

 

  Facebook

 

  Twitter

 

  Youtube

Diseñado y programado por ACV Galaica