CONTACTO

  • Expo La Caixa
  • Programa infantil
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [02 Novembro 2017]

    BICOS CON LINGUA DE TALÍA TEATRO

    Auditorio de Ourense

    Bicos con lingua é un espectáculo que nace dun forte sentimento de amor cara algo tan propio como é a nosa lingua. Non se trata en ningún momento dun exercicio de vitimismo, nada máis lonxe da nosa intención, senón de afondarmos nun problema real e, certamente preocupante.



    Así pretendemos que esta montaxe supoña para o espectador unha experiencia de redescobremento dunha lingua que existe e que medra na súa inmensa riqueza a pesar dos usos e abusos aos que está sometida de cotío.



    Espectáculo dirixido por Avelino González,sobre un texto elaborado por Cándido Pazó, Xavier Lama, Suso de Toro, Ana Iglesias, Núñez Singala, Marta Echevarría e mais o propio Avelino González, vén acompañado dunha unidade didáctica concibida para traballar despois de ver a representación. Nela trátase un dos aspectos máis importantes da sociolingüística galega: os prexuízos e usos da nosa lingua.

    Sala Principal

    Dúas funcións: ás 10.30 e ás 12.00h

    Dirixida ao alumnado de 3.º e 4.º da ESO e 1.º de BAC

    +información: normalizacionlinguistica@ourense.es

    Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica