CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [25 Novembro 2016] - [22 Decembro 2016]

    CICLO DE LÍRICA 2016 OURENSE

    Centro Histórico

    O Concello de Ourense pon en marcha o Ciclo de Lírica 2016, un pioneiro certame de ópera e zarzuela.

    Os concertos desenvolveranse os días 25 de novembro, 9 e 16 de decembro (no Teatro Principal) e 22 de decembro, no Liceo. Todos eles terán un prezo de 5 euros e poderanse adquirir en ataquilla.com, na sede de Afundación na Praza Maior ou ben en taquilla o propio día do concerto.

    [01 Decembro 2016] - [02 Decembro 2016]

    "NORMAS PARA SABER VIVIR NA SOCIEDADE ACTUAL" SARABELA TEATRO

    Auditorio de Ourense

    As regras de saber vivir é unha sátira social. Divertimento irónico e crítica feroz a unha sociedade que, coas súas normas e hipocrisía afástase dos sentimentos humanos. É un texto con vibracións secretas que animan a poñelo en escena e a velo, porque é magnético!
    Escrito polo autor contemporáneo máis representado en Francia, Jean-Luc Lagarce en 1993.
    O teatro permite nacer de novo. Aprendemos a pensar, a facer o amor, a loitar, a “nacer” doutro modo.

    TEATRO
    30 novembro, ás 11h- Escolares
    1 e 2 decembro, ás 11h- Escolares
    1 e 2 decembro, ás 20,30- A partir de 13 anos
    Sala Principal
    80m
    www.ataquilla.com e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función

    [02 Decembro 2016]

    “AS AVENTURAS DO QUEBRANOCES” MUSICREQUES

    Auditorio de Ourense

    O Nadal chegou a casa de Clara e o seu irmán con moitos agasallos, entre eles un fermoso boneco Quebranoces. Maxicamente esa noite o boneco se transforma nun soldadiño valente que defende a Clara do malvado rei Rato e os seus pinches. Impresionada pola valentía de Quebranoces, a Fada de azucre decide premiar os protagonistas levándoos de viaxe polo mundo.

    MÚSICA/ MONICREQUES
    18h
    Sala APEGO
    0 meses ata 3 anos
    25m
    www.ataquilla.com e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función

    [29 Outubro 2015 ] - [31 Decembro 2018]

    Claustro de San Francisco


    Claustro de San Francisco. Martes a sábado de 11.30 h a 13.30 h e de 17 h a 20 h (entre maio e setembro incluidos, ás tardes abrirá de as 18 h a 21 h) Domingos de 11.30 a 13.30. (luns o espazo estará pechado).



     

    [23 Septembro 2016 ] - [15 Decembro 2016]

    Museo municipal

    Prego de Oliver: 100 anos

    0 Estudo: Espazo de creación e materialización plastica, exposición

    Nesta exposición móstrase a súa obra desde o punto de vista material. As múltiples técnicas artísticas desenvolvidas por Prego de Oliver son aquí protagonistas para desvelar para desvelar e por de manifesto o seu amplo modo de facer, a maneira na que o autor transformaba a idea en materia e a súa vez en forma e viceversa.

    Horario: martes a sábados: 11 h a 13:30 h e de 18:30 h a 21:30 h. Domingos de 11 h a 13.30 h.

    [29 Septembro 2016 ] - [26 Febreiro 2017]

    Centro Cultural Ángel Valente


    Prego de Oliver e a captación do Eterno. O óleo como materialización da súa plástica Esta exposición reúne a obra pictórica a representativa da súa extensa produción. Está presidida pola obra identitaria que mostra a técnica por el elexida como ferramenta primordial, o óleo, e a súa vez traslada ao expectador a unha traxectoria vital de innovación, creación, reflexión e diálogo constante a través do arte desde unha perspectiva propia.



    Horario de apertura: de martes a sábado de 11 h a 13.30 h e de 18.30 h a 21.30 h e os domingos de 11 h a 13.30 h. Os luns o espazo estará pechado.



     

    [21 Novembro 2016 ] - [13 Decembro 2016]

    Centro Cultural Ángel Valente

    Centro Cultural Ángel Valente - 20h

    Ciclo de conferencias Prego de Oliver: días 22, 29 nov. e 13 de dec.

    22 de nov., "A imaxe latente e o debuxo como o seu imago mundi" (Natalia Figueiras).

    29 nov., "Prego e a atmósfera do baleiro, cara un expresionaismo metafísico" (Natalia Figueiras).

    13 dec., " O canon da pintura galega, desde a Atenas de Galicia: Prego" (Xabier Limia de Gardón".

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica