CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [21 Maio 2017]

    CANCIÓNS PARA DESAFINA. GRAMOLA GOMINOLA

    Auditorio de Ourense

    A Gramola Gominola é un grupo de música infantil composto por músicos de bandas como Mamá Cabra, De Vacas, Festicultores Troupe ou Di Elas. Nos seus espectáculos fan unha didáctica viaxe pola historia da música onde o público poderá coñecer diferentes estilos que van desde o blues ao reggae, pasando polo pop, country rock ou ska. Cunha posta en escena chea de enerxía, cor e momentos cómicos que gustará por igual a cativos e a maiores.

    No seu segundo traballo se confirmarán como a banda de rock infantil do momento, con temas que prometen ser auténticos hits como Cancións para desafinar, A Fábrica de Carmela, Pita Récords... entre outros. Tamén incluirán no directo os éxitos do anterior traballo como o Campión Internacional que non pode faltar!

    Finalistas nos Premios Martín Códax da música 2016

    Elenco

    Paco (guitarras e voz), Paula (voz principal), Anxo (baixo), Rodrigo (batería)

    ESPECTÁCULO MUSICAL

    Lugar Sala Principal

    Todos os públicos

    Prezo Anticipada: 3€   Billeteira:4€,   BONO Á CARTA

    Duración 60m

    Entradas:www.ataquilla.com, Sala  Exposicións  Afundación  Ourense  e  Billeteira  do  Auditorio  2h  antes  da  función

    [04 Maio 2017 ] - [12 Xuño 2017]

    Auditorio de Ourense

    O día e a noite, o sol, as estrelas e a lúa, forman parte da experiencia diaria de nenos e nenas. Merece a pena compartir con eles a marabilla do Universo. Aínda que a humanidade é quen de chegar á lúa ou preparar viaxes a Marte, esquecémonos do noso entorno espacial, perdendo a capacidade de observación e contemplación. Pasamos o día pendentes dos reloxos, móbiles, ordenadores e televisores.Que poidan sucederse o día e a noite é algo marabilloso, como o movemento aparente do sol e as estrelas, a sucesión das estacións ou a contemplación da lúa.

    Do 4 de maio ata 12 de xuño.

    Centros escolares: 9h a 14h

    Público en xeral: martes e xoves de tarde

    Contacontos sábados pola mañá

     +info

    [08 Maio 2017 ] - [16 Xuño 2017]

    Auditorio de Ourense

    A exposición conmemora as Letras Galegas ilustrando tres contos dolibro Vento ferido escrito por Casares.

    Cada alumno escolleu un momento do relato e elaborou un gravado coa técnica da linografía, facendo a matriz e a edición no taller da aula de plástica.

    O  seguinte  texto  foi  no  que  se  inspirou  o  autor  da  imaxe  que  anuncia  a exposición: Despois colleu un vimbio e pasoullo polas pernas e pola barriga sen lle dar. Botamos a sortes e tocoume a min. Quixen fuxir ou tirarme ao río, pero o Rata miroume así, como me mira el, e collín o vimbio. “Veña”. Díxenlle que non.

    “Mira Rafael, que che tocou en sortes”. Díxenlle que non. “Mira, Rafael, que non me enchas”. “Mira Rafael...” Pola voz souben que me ía dicir o da miña nai..







    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica