CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [22 Xaneiro 2017]

    O ENCORO ENMEIGADO (NAS FRAGAS DO EUME)” OS MONICREQUES DO KUKAS

    Auditorio de Ourense

    O espectáculo ten a intención de espertar entre os espectadores, sobre todo os máis novos, o respecto polo medio ambiente, a valoración da Natureza, e o compromiso co coidado do noso contorno e a fauna que vive nel e dunha maneira moi especial coa conservación dos nosos ríos e bosques.  E ao mesmo tempo recuperar e pór en valor as personaxes míticas da nosa cultura popular que van servirnos a nivel narrativo de enlace entre o mundo dos humanos e o dos animais e as plantas.

    As personaxes son interpretadas por marionetas dun tamaño duns 50 cm., tipo marote,  para ser manipuladas sobre unha mesa por tres actores á vista, pero discretamente ocultos grazas á iluminación centrada sobre todo no espazo escénico á escala.

    Elenco

    Marcelino de Santiago, MIguel Cabaleiro, Isabel Rey

    Actividade INFANTIL

    Hora 12h    

    Sala Azul

    Público + 2 anos

    Prezo 3€

    Duración 50m

    Entradas:www.ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior,4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

    [29 Outubro 2015 ] - [31 Decembro 2018]

    Claustro de San Francisco


    Claustro de San Francisco. Martes a sábado de 11.30 h a 13.30 h e de 17 h a 20 h (entre maio e setembro incluidos, ás tardes abrirá de as 18 h a 21 h) Domingos de 11.30 a 13.30. (luns o espazo estará pechado).



     

    [29 Septembro 2016 ] - [26 Febreiro 2017]

    Centro Cultural Ángel Valente


    Prego de Oliver e a captación do Eterno. O óleo como materialización da súa plástica Esta exposición reúne a obra pictórica a representativa da súa extensa produción. Está presidida pola obra identitaria que mostra a técnica por el elexida como ferramenta primordial, o óleo, e a súa vez traslada ao expectador a unha traxectoria vital de innovación, creación, reflexión e diálogo constante a través do arte desde unha perspectiva propia.



    Horario de apertura: de martes a sábado de 11 h a 13.30 h e de 18.30 h a 21.30 h e os domingos de 11 h a 13.30 h. Os luns o espazo estará pechado.



     

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica