CONTACTO

  • prem risco
  • Verán cultural
  • Premio poesía
  • Auditorio
  • EdC
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [22 Febreiro 2018]

    O FERRO- TEATRO DEL ANDAMIO

    Auditorio de Ourense

    Esta é a historia dun matrimonio que leva 14 anos xuntos. Luís, é un administrativo, que traballa nun banco. Rosa, é unha ama de casa que comezou a estudar administración de empresas, pero antes de rematar quedou grávida e tivo que deixar a carreira.

    Luís e Rosa teñen unha filla de quince anos estudando no estranxeiro, unha hipoteca e un coche. Marta, está en Irlanda de intercambio durante o curso para aprender inglés. Nada especial, todo como en calquera familia normal, en calquera cidade de España.

    Pero hoxe, a vida de Rosa vai sufrir un revés e todo vai cambiar para sempre. Hoxe pásalle o ferro a un pantalón do seu marido, e atopa algo no peto: un papeliño “centrifugado” pola lavadora...

    Toda unha historia de vida en clave de humor.

    Elenco: Gema Ulloa, Fran Martín;autor: Álvaro Guevara; dirección:Tatiana Likhacheva e vestiario:Anastasia Guevara

    Público +16anos

    Entradas: Anticipada: 3€  Billeteira: 4€ €, na www.ataquilla.com, Sala de Exposicións Afundación e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función

    Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica