CONTACTO

  • Maios
  • PdoP
  • Prem poesía
  • MMOu
  • EdC
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [22 Marzo 2019]

    ENCONTRO ORQUESTRAL E CORAL DOS CONSERVATORIOS SUPERIORES DE MÚSICA DE GALICIA

    Auditorio de Ourense

    A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a través das súas direccións xerais, patrocina a realización de un Encontro que con carácter anual, congrega durante varios días aos compoñentes das agrupacións orquestrais e corais dos Conservatorios Superiores de Música de A Coruña e Vigo.

    A finalidade deste Encontro é a de facer posible a montaxe dun programa de concerto en formato de grande agrupación instrumental e coral, e ao mesmo tempo, facilitar o coñecemento mútuo e o intercambio de experiencias a través dunha intensa convivencia, entre @s estudantes de música que cursan o grao superior nos conservatorios galegos.  O Encontro reunirá a aproximadamente a 150 intérpretes que conformarán unha grande Banda Sinfónica con Coro, conducidos polo profesor Juan Carlos Díaz.

    Neste ano 2019, e por segundo ano consecutivo, o Encontro terá como epicentro a cidade de Ourense donde residirán e traballarán @s participantes no Encontro, entre os días 20 e 22 de marzo.

    Programa do concerto

    Sinfonía No. 3 - Circus Maximus - John Corigliano (n.1938) 35:00

    I. Introitus II. Screen/Siren III. Channel Surfing IV. Night Music I V. Night Music II VI. Circus Maximus VII. Prayer

    VIII. Coda: Veritas

    Five Hebrew Love Songs Eric Whitacre (n.1970) 10:30

    I. Temuna (A Picture) II. Kala Kalla (Light Bride) III. Larov (Mostly) "Mostly,"

    IV. Eyze Shelleg! (What Snow!) V. Rakut (Tenderness)

    Sinfonía No. 4 en Mim Op. 16 (IV. Movemento) Joly Braga Santos (1924-1988) 20:00

    Orixinal para Orquestra e Coro. Transcrición para Banda de Fernando De Sousa Alves.

    Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica