CONTACTO

  • Maios
  • miteu
  • Premio poesia
  • Auditorio
  • Youtubeiras
  • EdC
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [12 Abril 2018] - [28 Abril 2018]

    23ª MITEU, MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO UNIVERSITARIO DE OURENSE

    Auditorio de Ourense


    Esta Mostra pretende potenciar o intercambio artístico e humano entre grupos galegos e grupos da Península Ibérica ou de fóra dela. Ao remate das funcións establécese un coloquio sobre a obra e sobre os procesos de ensaios e as distintas xestións dos grupos universitarios. Este coloquio, cos anos e co incremento das representacións transfórmase nun punto de encontro ao remate das funcións onde coincidan compañías e espectadores.


    Co paso dos anos e as edicións, a MITEU vai transformándose nun conglomerado cultural cun núcleo de teatro universitario pero cun incremento considerable na programación de teatro profesional unido a concertos, exposicións, conferencias, encontros, cursos, animacións… Rúa, Auditorio, Teatro Principal, Campus, locais, reciben á MITEU. Música, danza, circo, maxia, cine … encontran cabida na Mostra que se achega ás 30 actividades programadas en cada edición. 

    Programación completa.

     


     

    [22 Abril 2018]

    BATHTIME - KATARSIS, EDUCACIÓN E TEATRO S.L.

    Auditorio de Ourense


    Unha interpretación chaplinesca cun toque dos anos 20. Mancharse con chocolate pode ser divertido e a hora do baño inda pode selo moito máis.


    Dous amigos, chocolate, unha bañeira e música orixinal, son os ingredientes desta posta en escena.


    Duración: 30m 

    Todos os públicos

    Entradas: Anticipada: 3€  Billeteira: 4€


     

    Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica