CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [23 Marzo 2017]

    SOLITUDES- KULUNKA TEATRO

    Auditorio de Ourense

    A segunda montaxe logo de André e Dorine. Unha historia que, a través do humor, afonda na soidade e a incomunicación dos membros dunha familia. O mesmo equipo creativo puxo en pé un novo traballo de teatro de máscaras que, sen unha soa palabra, resulta todo o contrario e inexpresivo.

    O protagonista de Solitudes séntese incomprendido porque, como case todos os anciáns para os que a súa vida é practicamente unha espera, xa só desexa cousas sinxelas. Cousas tan simples, que os demais non chegan a valorar a súa verdadeira importancia. O extraordinario desta historia é que o ancián -contra o que podería esperarse de alguén cunha vida xa case sen alicientes- non se resigna, non renuncia aos seus pequenos desexos e pelexa por eles con determinación e dignidade. Isto, claro, terá as súas consecuencias para el mesmo e para quen o rodea.

    Elenco

    Garbiñe Insausti, José Dault, Edu Cárcamo

    Hora 20.30h    

    Lugar Sala Principal

    Público    + 16 anos

    Prezo 8€ anticipada 9€ billeteira

    Duración 85m

    Entradas www.ataquilla.com ,na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función ou na Sala de Exposicións Afundación (Praza Maior, 4)

    [10 Marzo 2017 ] - [09 Abril 2017]

    Auditorio de Ourense

    ENE A. NATUREZA ASIMÉTRICA - Patricia Fernández Paz



    Exposición que amosa arquitecturas descarnadas, apocalípticas, luces e sombras dunha realidade posmoderna, deshumanizada, chea de incerteza. O Pazo de Tor ofrece un marco incomparable, anacrónico, onde o tempo se detivo nun eterno  letargo que borrou os límites entre a vida e a memoria. As arquitecturas asimétricas desta mostra conseguen abrir aquí un novo portal visual no espazo – tempo da súa historia.

    Enlace ao catálogo.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica