- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL
ActividadesExposicións e espazos expositivos
[23 Septembro 2018]
CONTOS DO RECREO DE RUDRUM PRODUCCIONES
Auditorio de Ourense
Historia inspirada libremente en "Conto de Nadal" de Charles Dickens. Nesta ocasión a nosa protagonista é Alicia, unha rapaza que goza facéndolle a vida imposible ás súas compañeiras, e que se verá inmersa nunha aventura que a cambiará para sempre.
No recreo previo ao exame máis importante do curso chegará, coma se fose a protagonista do País das Marabillas, ata un máxico lugar onde habita Xacobe, o estrafalario bedel custodio da impoñente porta que coroa o lugar. Para poder saír de alí e chegar ao exame, Alicia terá que resolver os enigmas e superar os obstáculos que se agochan tras a porta dos recreos pasados, presentes e futuros. Aprendendo que a agresividade e a falta de empatía só conducen á infelicidade e a frustración e que para poder quererse a si mesma e aos demais ten que desterrar esas condutas da súa vida.
Espectáculo optimista, colorista e emocionante con música en directo onde non faltarán os monicreques, a maxia, os efectos de iluminación, unha impresionante escenografía, un álbum ilustrado, e na que un video-mapping porá a guinda de encanto a este espectáculo que deleitará tanto a pequenos como a maiores.
Teatro musical en galego
Público recomendado de 4 a 12 anos
Sala Principal
Duración 50 m
Entradas: anticipada 3€ e na billeteira 4 €
Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.