- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL
ActividadesExposicións e espazos expositivos
[23 Decembro 2019]
PEQUEBAILA, O MUSICAL DO NADAL
Auditorio de Ourense
Había unha vez un malencarado verde que vivía co seu can Max no monte máis alto de Villa Quien, aldea veciña de Molaplus , a capital del País de Pekebaila …
Todos os bonecos, monifates e habitantes do país adoraban o Nadal e como cada ano, agardaban unha grande alegría e impaciencia a chegada de Santa Claus.
Mais, cal é o verdadeiro espírito do Nadal? Lograrán Pinocho, o Rató Pérez e o seu séquito facer que o malencarado verde ame o Nadal? E os PeKebila, pobo divertido e alegre que dirán?
A todo isto, en Molaplus este ano, no Nadal, agárdase a visita da Raíña do Xeo e a súa corte, coa Dama Azul incluída...
Hai que recuperar o Nadal e facer que o Grinch non sexa tan malvado!
Entradas en ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
[23 Decembro 2019]
O APALPADOR
Auditorio de Ourense
Moito antes de que a sociedade de consumo importase dos países nórdicos a Papá Noel, en Galicia xa habitaba a figura mítica do Apalpador. O Apalpador é un home de barba rubia, un vello xigante, que vive nas devesas das altas montañas facendo carbón para ecorrentar o frío do inverno.
Estará na Sala Apego o día 23, de mañá ás 12.00 e de tarde ás 18.00 horas.
A entrada é gratuíta ata completar a capacidade. Podedes recoller o voso convite na recepción do Auditorio municipal en horario de oficina.
Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.