CONTACTO

  • Xornadas Folclore
  • Prem Risc
  • youtubeiras
  • MMOu
  • EdC
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [24 Febreiro 2019]

    ROSALÍA PEQUENIÑA, CONCERTO

    Auditorio de Ourense

    O 24 de febreiro, data do aniversario de nacemento de Rosalía de Castro, festexamos o día de Rosalía e farémolo con música:Uxía Senlle, acompañada de Sergio Tannus e Héctor Lorenzo.

    A música é sempre un dos mellores vehículos para descubrir e gozar da poesía. Uxía déixanos un feixe de cancións para retratar esa muller que uns chamaron tola e outros santa: a verdadeira Rosalía.

    Rosalía pequeniña, pirata, poeta, aventureria ou fada. Rosalía pequeniña para cantar, para rir, para gozar ou bailar.

    Espectáculo familiar gratuíto.

    Sala principal

    [24 Febreiro 2019]

    GAIA DA COMPAÑÍA ENTREMANS

    Auditorio de Ourense

    Entremans presenta unha peza didáctica para público familiar "GAIA". Realiza, así, o seu segundo espectáculo infantil, logo da boa acollida que tivo a nivel nacional o seu anterior espectáculo XOGA.

    Gaia é un espectáculo onde a voz e a danza nos achegan coñecementos dende unha óptica visual e imaxinativa.

    É unha historia en movemento na que a pintura, a música e o audiovisual nos axudan a descubrir a intensidade, o poder e a beleza das características do noso planeta e dos seus tesouros naturais.É un encontro didáctico co que entender a importancia da interacción entre as persoas e o medio ambiente.

    Sala principal

    O espectáculo vai dirixido a un público infantil e familiar, a partir de 3 anos.

    Duración: 50 m

    Entradas: 3€, anticipada aquí

    Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica