- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL
ActividadesExposicións e espazos expositivos
[24 Marzo 2018]
SONS DO ATLÁNTICO- ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA
Auditorio de Ourense
Sons do Atlántico é una proposta cun programa moi amplo e variado. Música de cámara e contemporánea creada por compositores de todos os países que teñen o tiveron influxo do noso océano ao longo da historia, facendo un especial fincapé en autores iberoamericanos e recalando sempre nos compositores galegos como Sergio Moure, compositor moi vinculado ao mundo audiovisual.
Seguindo as ondas do noso océano até as ribeiras de todos os seus dominios podemos escoitar os mesmos Sons do Atlántico cada vez que toca nas rochas, nos cantís, nas praias. Así, a Orquestra de Cámara Galega, quere recoller algún deses sons da man de creadores do Atlántico, sen fronteiras, para arribar durante un intre nunha sentida homenaxe ao noso máis prolífico compositor,o Mestre Rogelio Groba.
MÚSICA DE CÁMARA E CONTEMPORÁNEA
PÚBLICO + 4 ANOS
Duración: 70m
Entradas: Anticipada: 8€ Billeteira: 9€
Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.