CONTACTO

  • Prem poesía
  • MMOu
  • EdC
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [24 Marzo 2019]

    CYRANO DE BERGERAC

    Auditorio de Ourense

    Cyrano de Bergerac teno todo: aventura, paixón, tensión, humor, beleza, amor e desamor. É un clásico entre os clásicos e un moderno entre os modernos. Cyrano é moito máis que unha obra ou unha personaxe, É o emblema nacional galo. O home valente ata o infinito pero acovardado ante a muller que ama, o "negro" do guapo da historia, Christian, ao que escribe versos en segredo para a súa amada Roxanne. É unha oda ao enxeño e ao amor, é a forza do seu verso, o seu descaro e sutileza, un verso bisbeado ou lanzado como un dardo, un verso áxil e profundo, popular e erudito, descarado e vital, teno todo.

    Esta obra converterase nun símbolo do teatro francés e universal, nun novo Quíxote dramatúrxico representado polo mundo enteiro, unha mostra do poder da palabra tanto na vida como na escena. A obra, escrita polo novo e ousado poeta Edmond Rostand coñeceu un éxito sen precedentes que se estende ata os nosos días.

    Nesta ocasión o actor Jose Luis Gil, ponse na pel de Cyrano  na dirección de Alberto Castrillo-Ferrer, acompañado de Ana Ruiz, Álex Gadea, Nacho Rubio, Ricardo Joven, Rocío Calvo e Joaquín Murillo.

    Sala principal

    Entradas 16 € anticipada aquí e no mesmo día do espectáculo na billeteira desde dúas horas antes.

    [24 Marzo 2019]

    COUSAS DE NENOS. IAN & ELISA

    Auditorio de Ourense

    Espectáculo indicado para toda a familia. Tanto nenos como non tan nenos desfrutarán deste espectáculo cheo de colorido e ilusión. Cunha mestura de maxia e sombras chinesas Ian e Elisa farán que o público se somerxa nun mundo imaxinario onde nada é imposible.

    Sala Azul

    Público familiar

    Duración: 45min

    Entradas 3€, anticipada aquí e na billeteira desde dúas horas antes do espectáculo

    Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica