- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
ActividadesExposicións e espazos expositivos
[23 Septembro 2016] - [25 Septembro 2016]
"NORMAS PARA SABER VIVIR NA SOCIEDADE ACTUAL"
Auditorio de Ourense
As regras de saber vivir é unha sátira social. Divertimento irónico e crítica feroz a unha sociedade que, coas súas normas e hipocrisía afástase dos sentimentos humanos. É un texto con vibracións secretas que animan a poñelo en escena e a velo, porque é magnético!
Escrito polo autor contemporáneo máis representado en Francia, Jean-Luc Lagarce en 1993.
O teatro permite nacer de novo. Aprendemos a pensar, a facer o amor, a loitar, a “nacer” doutro modo.
TEATRO
Estrea día 23 ás 21h
Días 24, 25- 20:30h
Sala Principal
+ 13 anos
80m
Entradas: www.ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
[29 Outubro 2015 ] - [31 Decembro 2018]
Claustro de San Francisco
Claustro de San Francisco. Martes a sábado de 11.30 h a 13.30 h e de 17 h a 20 h (entre maio e setembro incluidos, ás tardes abrirá de as 18 h a 21 h) Domingos de 11.30 a 13.30. (luns o espazo estará pechado).
[29 Outubro 2015 ] - [01 Decembro 2016]
Centro Expositivo Arturo Baltar
Espazo expositivos Arturo Baltar. Horario: De 12 h ás 14 h. + información na sección espazos expositivos e culturais desta páxina web.
[08 Xullo 2016 ] - [25 Septembro 2016]
Museo municipal
Coeur d´armazigh. Mostra da artista viguesa Nuria Guardiola mostra unha retrospectiva que compila os primeiros cadros, cando se mesturan experiencias persoais con conflitos emocionais, con creacións a partir de elementos industriais extraídos das fábricas de salgado do Morrazo, os faros do Atlántico, fotomontaxes autobiográficas e, finalmente, a descuberta de Marrocos, onde a autora imparte maxisterio desde 2011.
Horario: martes a sábados: 11 h a 13:30 h e de 18:30 h a 21:30 h. Domingos de 11 h a 13.30 h.
[16 Septembro 2016 ] - [02 Outubro 2016]
Auditorio de Ourense
Exposición con motivo da semana internacional da paz. Formada por obras de 28 artistas, que inclúe pintura, fotografías, deseño e gravados.
Exposición
Do 16 ao 25 de setembro
Vestíbulo superior do Auditorio
[23 Septembro 2016 ] - [15 Decembro 2016]
Museo municipal
Prego de Oliver: 100 anos
0 Estudo: Espazo de creación e materialización plastica, exposición
Nesta exposición móstrase a súa obra desde o punto de vista material. As múltiples técnicas artísticas desenvolvidas por Prego de Oliver son aquí protagonistas para desvelar para desvelar e por de manifesto o seu amplo modo de facer, a maneira na que o autor transformaba a idea en materia e a súa vez en forma e viceversa.
Horario: martes a sábados: 11 h a 13:30 h e de 18:30 h a 21:30 h. Domingos de 11 h a 13.30 h.