- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL
ActividadesExposicións e espazos expositivos
[25 Xaneiro 2019] - [26 Xaneiro 2019]
CEPEDA. XIRA PRINCIPIOS
Auditorio de Ourense
Luís Cepeda despois de lanzar o seu primeiro single ‘Esta Vez’, alcanzar o número 1 nas listas de vendas de España, ser o número 1 en iTunes, con 4,5 M de reproducións en YouTube… disponse a publicar o seu primeiro álbum, un traballo prometedor, creativo e que nos permite comprender mellor a súa evolución artística.
En 2016 recibiu a proposta de concursar no programa de televisión ‘A Voz’. Pero meses despois presentouse ao casting de Operación Triunfo, entrou na Academia e alí asimilou os valores, as técnicas e a gozar sobre o escenario.
No primeiro álbum de Luís Cepeda podemos atopar cancións propias elaboradas coa complicidade do produtor e compositor David Sansebastián, coñecido polo seu traballo xunto a India Martínez, Antonio José ou María Parrado, entre outros moitos.
Neste álbum tamén composicións antigas que nos van permitir coñecer como era ese artista anónimo e tímido que escribía por puro pracer. Sen dúbida, coñeceremos un Luís dunha forma máis persoal e poderemos indagar nos seus sentimentos a través das cancións.
Entradas a partir de 30€
Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.