CONTACTO

  • Magosot
  • Expo La Caixa
  • EdC
  • Auditorio
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [25 Novembro 2018]

    ADESHORAS DE BERROBAMBÁN

    Auditorio de Ourense

    Nalgún lugar, lonxe de todo, ao caer a noite, unha muller le un libro que parece conter as historias do mundo enteiro. A música acompáñaa na soidade. Soan badaladas. Anuncian un baile?

    Un lobo ouvea. Está a porta pechada con chave? Leva tantos anos ás costas, esa muller, que xa non lembra quen é. Precisamente por iso pode xogar a ser quen ela queira. A protagonista do seu conto.

    Ás veces, descubrimos nas historias dos outros quen realmente somos. E iso é o que lle acontece á Señora desta peza de teatro xestual, esta pobre clown desmemoriada. Amodo, xogando, recupera o fío que a leva a recoñecerse no espello, grazas a quen a visita por sorpresa, a deshora,rompendo as súas rutinas, facendo que se sinta nena, unha nena perdida que por fin se atopa.

    Teatro infantil a partir de 5 anos

    Duración 50m

    Entradas: anticipada 3€ e na billeteira 4€

    [25 Novembro 2018]

    NURTHA, NORD, NORTE… NORÓ, XABIER DÍAZ E AS ADUFEIRAS DE SALITRE

    Auditorio de Ourense

    O norte é case un estado emocional para min. Gústame o seu frío, a auga, a humidade e a música. No norte hai música en tódalas cousas. É unha música sólida, ancestral e serena. “Este disco é como un retrato do meu timeline recente, como unha necesidade de rematar a talla e de mellorar o método, como unha insistencia do Tambourine, como se quixera tatuar con tinta indelébel o mapa das últimas viaxes para saír definitivamente da miña confusión antes de desorientarme de novo. Este disco tamén serve para celebrar o equilibrio desta pequena e ordenada república adufeira na que tantas cousas aprendo sen necesidade de que ninguén as explicite”.

    Músicos: Xabier Díaz, Gutier Álvarez, Javier Álvarez Vázquez, Iria Penabad Teijeira, Montserrat García Santamarina Roade, Patricia Gamallo Lama, María Teresa López Blanco, Noemi Basanta Llanes, Carolina Vázquez Castro e Beatriz Mariño Rey

    Entradas a partir de 14 €

    Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica