- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL
ActividadesExposicións e espazos expositivos
[29 Septembro 2018]
MAREM LADSON EN CONCERTO
Auditorio de Ourense
Resulta bastante incrible que alguén grave un primeiro disco con só 19 anos e presente este nivel de imaxinación compositiva, profundidade nas letras e capacidade de interpretación. A súa seguridade no escenario sorprende. Con só un single (All My Storms, 2017) chamou a atención de medios e programadores, catalogando á galega/estadounidense como unha das promesas más firmes do panorama musical. Esa promesa faise realidade no seu disco de debut homónimo. Composto por once cancións que fan un percorrido polo pop, o rock e o folk , gravado da man de Brian Hunt e Juan Diego Gosálvez en El Invernadero (Madrid), soa inquieto, ambicioso, especial. Hai espazo para hit como Shades of Blue, tamén para clásicos instantáneos como Everything I've Ever Lost (Is Coming Back); elegantes e emocionantes cancións introspectivas (For and About, My Corazón) e pezas que insinúan que o futuro camiño creativo de Marem será apaixonante (Coming Home, Losing Control). Temas que falan de autoafirmación, do paso á vida adulta e de ser unha muller adolescente. Non é un disco normal.
Sala Azul
CONCERTO
Apertura de portas ás 20.30h
Prezo Anticipada: 10€ Billeteira: 14€
Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.