CONTACTO

  • OUFF
  • Expo La Caixa
  • Programa infantil
  • Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [20 Abril 2017] - [06 Maio 2017]

    MITEU 2017

    Auditorio de Ourense

    Toda a programación na páxina www.miteu.es

    [03 Maio 2017]

    ZOAR, QUINTETO DE VENTO MADEIRA

    Enclave de Cámara

    Zoar é un conxunto de cámara estable e activo. Desde a formación de quinteto de vento, conságranse a calquera das expresións musicais escritas para estes instrumentos. Naceu en 2009 coa intención de levar a orixinalidade e o dinamismo á escena musical ofrecendo propostas coidadas, novidosas e orixinais. O interese polo repertorio descoñecido, a recuperación de patrimonio musical esquecido e o compromiso coa nova creación levou ao conxunto a realizar máis de trinta estreas absolutas, sendo unha boa parte delas encargas propias.

    Joan Ibáñez, frauta

    David Villa, óboe

    Antonio Suárez, clarinete

    Benjamín Iglesias, trompa

    Álex Salgueiro, fagot

    No Salón Nobre do Liceo de Ourense

    Prezo 5€

    Venda de entradas no propio espazo dáus hora antes da función e aquí



    +info

    [03 Maio 2017]

    CORRELINGUA. FESTA DA LINGUA

    Auditorio de Ourense

    Baixo o lema En galego, sen cancelas imos festexar un ano máis a lingua con alumnado de Infantil e Primaria de Ourense e comarca. Isabel Risco será a encargada de amenizar o acto, onde haberá actuacións dos centros de ensino do IES O Ribeiro e o IES Xermán Quevedo da Pobra de Trives e do grupo gañador do Cantalingua 2017, Roberto Sobrado.

    Festa da lingua

    Ao tempo na Praza Maior, xogos populares e concurso de pancartas

    [29 Outubro 2015 ] - [31 Xaneiro 2018]

    Claustro de San Francisco


    Claustro de San Francisco. Martes a sábado de 11.30 h a 13.30 h e de 17 h a 20 h (entre maio e setembro incluidos, ás tardes abrirá de as 18 h a 21 h) Domingos de 11.30 a 13.30. (luns o espazo estará pechado).



     

    [30 Decembro 2016 ] - [28 Febreiro 2018]

    Centro Expositivo Arturo Baltar


    Máis dun cento de figuras de barro cocido configuran o curioso Belén de Baltar. É quizais un dos máis fermosos de Galicia, tanto pola súa composición como a temática: unha fotografía do Ourense doutro tempo. 



    Máis información.


    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica