CONTACTO

  • Prem poesía
  • MMOu
  • EdC
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [30 Marzo 2019]

    COTI. CERCANÍAS E CONFIDENCIAS. CAPÍTULO II

    Auditorio de Ourense

    COTI, CERCANIAS E CONFIDENCIAS.CAPITULO II

    Cercanías y confidencias é o proxecto máis íntimo do cantante e compositor Coti.

    Un concerto no que Coti debulla a súa esencia de autor, compositor e cantante creando unha atmosfera íntima na que público e artista establecen unha conversa musical única. O saber por que e onde naceu unha canción é a esencia deste espectáculo.

    No Capítulo I desta xira que empezou no ano 2016, Coti enfrontábase só a todos os temas que nos regalou ao longo da súa carreira co seu piano, o seu bandoneón e as súas guitarras. Neste Capítulo II de proximidade e Confidencias acompáñanlle tres músicos de corda que fan homenaxe ao seu último disco gravado en directo no Teatro Colón de Bos Aires onde xuntou a súa banda de rock cunha orquestra de cordas.Neste concerto podemos gozar das súas cancións máis coñecidas e as máis queridas por el. Tamén as cancións que compuxo para outros artistas, ademais dalgunha canción que marcou a súa vida como compositor e músico.

    Sala principal

    Entradas a partir de 15 € anticipada aquí e no mesmo día do espectáculo na billeteira desde dúas horas antes.

    Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica