CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [28 Outubro 2016] - [05 Novembro 2016]

    XXI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE OURENSE

    Auditorio de Ourense

    Na súa edición XXI, o Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF) centra o seu foco no cinema Iberoamericano e nas Óperas Primas coa proxección dun total de 20 filmes en premier española de diversas nacionalidades dentro de competición, e outras 30 películas entre retrospectivas e sesións especiais. Moito cinema, exposicións, concertos, obradoiros e actividades para o público máis novo, enmarcadas dentro do OUFF Escola completan a programación desta edición.

    Auditorio Municipal e outros espazos da cidade.
    + info: www.ouff.org

    [30 Outubro 2016]

    “O CONTO DA AZUZAINA”, INFANTIL

    Auditorio de Ourense

    Á imprenta de Azuzaina chega un encargo urxente: o libro das familias. Os operarios terán que dar o mellor de si e empregar as máis tolas e divertidas estratexias para completar o traballo a tempo.
    Espectáculo que achega a diversidade familiar na sociedade actual, fomentando a tolerancia, respecto e empatía.

    TEATRO
    12h
    Sala Principal
    + 7 anos
    50m

    Entradas: www.ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

    [29 Outubro 2015 ] - [31 Decembro 2018]

    Claustro de San Francisco


    Claustro de San Francisco. Martes a sábado de 11.30 h a 13.30 h e de 17 h a 20 h (entre maio e setembro incluidos, ás tardes abrirá de as 18 h a 21 h) Domingos de 11.30 a 13.30. (luns o espazo estará pechado).



     

    [29 Outubro 2015 ] - [01 Decembro 2016]

    Centro Expositivo Arturo Baltar


    Espazo expositivos Arturo Baltar. Horario: De 12 h ás 14 h. + información na sección espazos expositivos e culturais desta páxina web.

    [23 Septembro 2016 ] - [15 Decembro 2016]

    Museo municipal

    Prego de Oliver: 100 anos

    0 Estudo: Espazo de creación e materialización plastica, exposición

    Nesta exposición móstrase a súa obra desde o punto de vista material. As múltiples técnicas artísticas desenvolvidas por Prego de Oliver son aquí protagonistas para desvelar para desvelar e por de manifesto o seu amplo modo de facer, a maneira na que o autor transformaba a idea en materia e a súa vez en forma e viceversa.

    Horario: martes a sábados: 11 h a 13:30 h e de 18:30 h a 21:30 h. Domingos de 11 h a 13.30 h.

    [29 Septembro 2016 ] - [26 Febreiro 2017]

    Centro Cultural Ángel Valente


    Prego de Oliver e a captación do Eterno. O óleo como materialización da súa plástica Esta exposición reúne a obra pictórica a representativa da súa extensa produción. Está presidida pola obra identitaria que mostra a técnica por el elexida como ferramenta primordial, o óleo, e a súa vez traslada ao expectador a unha traxectoria vital de innovación, creación, reflexión e diálogo constante a través do arte desde unha perspectiva propia.



    Horario de apertura: de martes a sábado de 11 h a 13.30 h e de 18.30 h a 21.30 h e os domingos de 11 h a 13.30 h. Os luns o espazo estará pechado.



     

    [26 Outubro 2016 ] - [13 Novembro 2016]

    Museo municipal

    Outono Fotográfico

    Primeira quenda de exposicións que teñen lugar dentro da programación do Outono Fofográfico, o festival galego de fotografía. Permanecerán abertas ata o día 13 de novembro neste espazo expositivo.

    A continuación detállanse as exposicións desta primeira etapa:

    Sala I: Renacer, de Eva Díez (Premio Galicia de Fotografía Contemporánea).
    Sala II: O Paraíso, de David Mocha.
    Sala pequena: SOJI, de Júlia Franco Braga.

    Esta é a trixésimo cuarta edición do Outono Fotográfico, que reaparece ata o Nadal para facer visible a fotografía. Este festival estará presente en 70 espazos expositivos de toda a xeografía galega, repartidos en 25 localidades, 4 delas en Portugal.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica