CONTACTO

  • Natal
  • Ndal
  • Ciclo Lírico
  • EdC
  • Auditorio
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [31 Outubro 2018]

    DRÁCULA DE ABUBUKAKA

    Auditorio de Ourense

    A vea romántica de Abubukaka non dá como para chegar ao sublime, mais onde si que quere meter O dente Abubukaka é na arteria principal da moralidade. A quen presuma de ser axente do ben vai dirixida a montaxe, pois demandamos axuda para despexar as nosas dúbidas. Preguntaremos en nome de Lucy canto custa a veleidade, en nome de Jonathan canto a dilixencia e de Renfield canto o sometemento exemplarizante, deixando para van Helsing a fiabilidade do certo, para Mina o abismo do amor e para Vlad Dracul o peso enteiro da humanidade. Agora ben, todo será entre risas e bromas, temos preparado un feixe de chistes para entreter a cabezada. Deus nos libre de que a nosa adaptación de Drácula sexa un morto! En todo caso será un non morto. 

    TEATRO PARA TODOS OS PÚBLICOS

    SALA PRINCIPAL. Idioma Castelán. Duración 1h 20m

    Prezo Anticipada: 3€  Billeteira: 4€

    Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica