CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [31 Outubro 2019]

    BERNARDA, TEATRO

    Auditorio de Ourense


    “BERNARDA” é unha historia próxima, comprensible e universal. Bernarda é unha muller dura e loitadora, produto da vida que lle tocou vivir que logo de quedar viúva educa as súas fillas como mellor sabe, aínda que elas non o ven así. Este choque xeracional,  por veces fainos chorar, porque ás veces as situacións vólvense tensas e duras, e por veces fainos rir, porque igual que na vida, ata nas situacións máis extremas xorde a risa como unha necesidade de desafogo e de liberación.


    Bernarda non entende a música yeyé, nin as minisaias, nin os guateques, nin ningunha das novas modas da xuventude da época, e a súa intención é moi clara: “Mentres eu viva, nesta casa non vai cambiar nada e as cousas vanse facer como se teñen que facer.” O público presente coñecerá se chega a conseguilo ou non.


    Entradas: ataquilla.com | Sala Afundación (Praza Maior, 4 - 902 504 500) | O propio día na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

    Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica